O emprendemento ten premio na UVigo

Tres proxectos empresariais de dous egresados e dun estudante de doutoramento do campus de Pontevedra, centrados no deseño de moda e comunicación dixital, figuran entre as 17 propostas seleccionadas para recibir as axudas Incuvi
Os creadores dos tres proxectos do campus de Pontevedra seleccionados para recibir as axudas Incuvi. DP
photo_camera Os creadores dos tres proxectos do campus de Pontevedra seleccionados para recibir as axudas Incuvi. DP

A Universidade de Vigo celebrou este xoves, outra vez de xeito virtual debido ás actuais circunstancias sanitarias, o acto de entrega da X edición das Axudas Incuvi-Emprende, VI de Incuvi-Avanza e II de Incuvi-Consolida, tres convocatorias coas que a institución se converte no principal punto de apoio do alumnado disposto a emprender as súas propias ideas de negocio ao premiar 17 iniciativas. Entre elas figuran tres promovidas por estudantado ligado ao campus de Pontevedra.

O reitor, Manuel Reigosa, aproveitou este acto para anunciar a posta en marcha dun novo espazo Incuvi no campus de Vigo apoiado polas entidades patrocinadoras e dos que xa poderán beneficiarse os gañadores desta edición.

Tamén participou o director de convenios e mecenado de Santander Universidades, José María García de los Ríos, e a directora da Área de Emprego e Emprendemento, Maruxa Álvarez, quen lamentou a ausencia da vicerreitora de Extensión Universitaria Natalia Caparrini que, debido a motivos familiares, non puido asistir.

Entre as 17 iniciativas premiadas hai doce axudas Incuvi Emprende, para aquelas ideas que se atopan no seu nivel de desenvolvemento máis básico; catro Incuvi Avanza, para os proxectos que xa teñen certo nivel de maduración, e unha Incuvi Consolida para que un proxecto xa constituído, que pasou polos programas Emprende e Avanza, poida seguir recibindo mentorización específica e unha axuda económica que lle facilite a súa consolidación empresarial. Neste caso trátase de ODS Protein, un proxecto relacionado coa industria alimentaria.

ALTA CALIDADE. Con respecto aos proxectos galardoados na décima edición de Incuvi Emprende, a directora da Área de Emprego e Emprendemento Maruxa Álvarez destacou o seu elevado grao de madurez. "Hay mucha materia prima de muy alta calidad", recalcou Álvarez, ao que engadiu que, se ben se segue apostando por iniciativas de servizo á sociedade, "tanto en temáticas de salud o atención al envejecimiento", hai outras vinculadas directamente á transferencia de resultados de investigación, que apostan polo turismo innovador, ou que promoven escalar as súas innovacións e incluílas na industria da moda circular e inclusiva. "Tanto las temáticas de los proyectos propuestos como los perfiles de las personas que los promueven son muy variadas y este factor va a ser una gran apuesta de valor para el programa, del que todos los participantes se van a beneficiar".

Alejandro Sierra y Cayetana Orzámiz

Iniqual: "Nuestras prendas se adaptan a la morfología de cada persona"
Alejandro Sierra, Máster en Deseño e Moda
Deseñador e estilista vigués de 30 anos, graduado en Deseño pola London College of Fashion e Máster en Deseño e Dirección Creativa pola UVigo (antiga Esdemga), Alejandro Sierra traballou na industria do cine, a televisión, a publicidade e moda en diversos países e agora continúa ligado a Pontevedra, pois cursa o segundo ano do doutoramento do Campus Crea, onde naceu o proxecto co que agora foi seleccionado no Incuvi Emprende, Iniqal.

Trátase dunha marca de roupa inclusiva de xénero non binario, e sostible, na que non se ten en conta nin a morfoloxía masculina nin a feminina. Esta empresa, na que conta con Cayetana de Ozámiz como socia, xa sacou ao mercado dúas coleccións cápsula e en marzo sairá a terceira, pero teñen axenda para todo o año.

"Hicimos un estudio con patronistas para el sistema de tallaje, porque en España había ropa unisex", pero neste caso, as prendas, de tirada limitada, estampadas e moi cómodas, pódense "adaptar a la morfología de cada persona". Teñen algún punto de venda e a súa web: iniqual.es


Diana Torres Limón

Diana Limón: "Quiero transmitir la esencia de los artesanos a sus páginas web"
Diana Torres, Publicidade e Relacións Públicas
Nacida en Ourense hai 27 anos, Diana Torres graduouse en 2020 en Publicidade e Relacións Públicas na Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra. O seu proxecto, case homónimo (Diana Limón), é de comunicación dixital e copywriter especializado no sector artesán. O seu obxectivo é "facilitarles a los artesanos su transición hacia el mundo digital, ayudándoles a transmitir su esencia a sus propias páginas web".

Diana Limón mereceu un premio Incuvi Avanza, despois de que o ano pasado fose seleccionado no Emprende, que resultou "muy bueno tanto a nivel del proyecto como personal, pues me ayudaron a crecer como emprendedora" e a axuda da UVigo tamén serviu para "dinamizar el rural".

Diana considérase unha "artesana de las palabras", polo que pretende trasladar a Internet "la delicadeza" do traballo feito a man. "Es un nicho de mercado incomprendido, que no se valora lo suficiente. A viva voz tienen un discurso estupendo, pero a la hora de plasmar la esencia de sus productos resulta complicado". A súa páxina web: dianalimon.com


Oscar Gonzalez Innovocis[FOTO: Héctor Farías]

Innovocis: "La idea es prestar apoyo en la parte del márketing digital"
Óscar González Grande, Máster de Medios Sociais
Innovocis, seleccionado nos Incuvi Emprende, recibirá asesoramento para poder pasar dun proxecto teórico a unha realidade.

É a iniciativa presentada por Óscar González, nacido en Venezuela hai 39 anos e retornado a España grazas ás bolsas Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) da Secretaría Xeral de Emigración. Xornalista de formación, no curso 2019-2020 cursou o Máster en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais en Pontevedra e agora reside en Sober (Lugo).

Innovocis une a comunicación dixital coa innovación. "Hay un gran talento en la universidad, en el rural, en la ciencia y la tecnología", pero cada vez "se exige más presencia y contenido en Internet y en las redes" e cubrir ese oco é o seu obxectivo, ocuparse do márketing dixital, que resulta imprescindible, tamén, á hora de optar a subvencións, pois ás veces supón marcar a diferenza en baremos  ajustadísimos. "Se evalúa la difusión y divulgación de los resultados".

Comentarios