A cafetería do Café Moderno de Pontevedra, propiedade de Afundación, encara a conta atrás para reabrir as súas portas ao público tras permanecer pechada dende o mes de agosto. Segundo confirma a entidade, o servizo acaba de serlle adxudicado a un empresario de Pontevedra, que traballa para poder recuperar o funcionamento normal do local canto antes.
A cafetería do Moderno, unha das máis emblemáticas da cidade, cerrou por vacacións no verán e xa non volveu reabrir. Afundación informou a finais de setembro de que o anterior responsable do servizo o abandonaba e, polo tanto, se abría un prazo para que calquera interesado se fixese coa adxudicación do espazo. Tras recibir diferentes ofertas, a concesión recaeu nun empresario local, que será a encargada da xestionar o establecemento a partir de agora.
O Café Moderno é o edificio modernista máis importante de Pontevedra. Actualmente é a sede da obra social de Afundación na cidade. Ademais das súas oficinas, o edificio acolle a sala de exposicións, o seu centro de maiores e un pequeno espazo para actos.