O Pont-Up Store máis valente elixe as empresas de premio

Entrega de premios de Pont-Up Store. RAFA FARIÑA
photo_camera Entrega de premios de Pont-Up Store. RAFA FARIÑA

A sexta edición do encontro de emprendimiento Pont-Up Store, que se celebra en Pontevedra co lema O impulso da xente valente, xa ten os seus premiados: as elixidas como mellores empresas.

O distinguido como mellor proxecto foi Eezon e3, da empresa VMS Automotive, por un vehículo eléctrico de tres rodas.

A partir de aí, e por categorías, na de alimentación e restauración a distinguida é Meraki Ferments; en comunicación recibe o premio Revista Morcego, e en deseño, moda e decoración o galardón é para Beflamboyant Brand. Na sección de consultoría resultou elixida MycoGalicia Plantae; na de formación o premio é para Magia en la Manga; na de tics e novas tecnoloxías triunfou Siente VR e na de turismo, ocio e saúde a premiada é Toxo Aventura e Natureza.

Comentarios