viernes. 04.12.2020 |
El tiempo
viernes. 04.12.2020
El tiempo

Cinco empresas presentan ofertas para o estudo e proposta de explotación do transporte a demanda

Demetrio Gómez, concelleiro de Obras Urbanas e
Transporte. ADP
Demetrio Gómez, concelleiro de Obras Urbanas e Transporte. ADP
O orzamento de licitación é de 102.850 euros e o prazo de execución de 11 meses

A primeira mesa de contratación celebrada para a apertura de ofertas para o estudo e proposta de explotación do transporte colectivo a demanda, vén de acordar a admisión das 5 ofertas presentadas.

Unha vez coñecido o número de empresas interesadas, o concelleiro de Obras Urbanas e Transporte, Demetrio Gómez asegura que "é unha cantidade de empresas importante tendo en conta a dificultade e a orixinalidade do traballo que teñen que desenvolver", ao tempo que indica que "nunha primeira impresión estamos contentos coas empresas que se presentaron porque teñen unha ampla experiencia tanto en planificación de transporte a nivel estatal como a nivel internacional, e en conxunto teñen un amplo coñecemento da realidade galega e hai algunha empresa do país que teñen traballado no transporte público na Galiza".

As cinco empresas que presentaron ofertas son Consultora Alomon S.L., Eptisa Servicios de Ingeniería S.L., Iceacsa Consultores S.L.U, Idvia 2020 Horizonte 2020 S.L. e UTE Mcrit S.L. - Seteoitavas Coop. G.

A contratación da asistencia técnica para o desenvolvemento dun estudo a demanda de mobilidade na zona periurbana de Pontevedra, así como para a análise e proposta de viabilidade e sostibilidade da explotación dun servizo de transporte colectivo a demanda foi licitada cun orzamento de 102.850 euros e cun prazo de execución de 11 meses. Implica, a grandes rasgos, analizar o comportamento da mobilidade nas parroquias de cara a deseñar solucións acaídas, tanto no que ten que ver coa fórmula técnica como coas fórmulas legais, dándolle encaixe dentro da lexislación do Estado español, da lexislación galega e tamén da europea.

Nas vindeiras semanas coñeceranse as ofertas para a aplicación informática, cuxo orzamento de licitación ascende a 297.460 euros

APLICACIÓN INFORMÁTICA. Nestes momentos tamén está a piques de rematar o prazo para a presentación de ofertas para a aplicación informática que vai establecer como vai funcionar este servizo de transporte a demanda. Esta aplicación informática ten un importe de licitación de 297.460 euros e conta cun prazo de execución de 21 meses. 

A previsión é que ambas contratacións, a do estudo e proposta de xestión e a da aplicación informática, estean adxudicadas e que comecen a executarse cara finais deste ano.

Cinco empresas presentan ofertas para o estudo e proposta de...
Comentarios