Ence afianzou a súa excelencia en seguridade na primeira metade do ano

A aposta da empresa pola seguridade e a saúde do seu equipo humano viuse referendada recentemente a través do premio 'Escolástico Zaldivar'
Biofábrica de Ence en Pontevedra. CEDIDA
photo_camera Biofábrica de Ence en Pontevedra. CEDIDA

A compañía Ence afiánzase como referencia en seguridade no seu sector grazas aos resultados obtidos nos seis primeiros meses do ano. Neste período, todas as áreas do grupo melloraron os seus resultados en materia de seguridade respecto a os valores de peche do pasado ano, e o valor global da compañía mellora calquera rexistro da serie histórica. Todo iso mantendo a disciplina na aplicación de protocolos específicos para minimizar o risco de contaxio por covid-19.

En materia de seguridade, os índices de frecuencia de Ence atópanse moi por baixo das referencias sectoriais en España, tanto no caso de celulosa (máis de nove veces por baixo da media do sector pasta e papel), como no negocio de enerxía (ata seis veces por baixo do sector industrial).

No primeiro semestre deste ano houbo unha melloría do 60% no índice de frecuencia global,  ata chegar mesmo a situarse en cero.

Estes resultados constitúen un fito especialmente destacable tendo en conta que neste primeiro semestre do ano realizáronse as paradas técnicas anuais das biofábricas de Pontevedra e Navia, e do complexo enerxético de Huelva. Ditas operacións, que conlevan unha gran complexidade polo elevado número de traballadores implicados, foron executadas con total seguridade e garantía de saúde para todos os participantes, sen incidentes que implicasen baixa, nin ningún contaxio por coronavirus no interior das plantas, grazas ás medidas preventivas e protocolos específicos aplicados.

Neste sentido, a aposta de Ence pola seguridade e a saúde do seu equipo humano viuse referendada recentemente a través do recoñecemento recibido pola unidade de Compras Forestais e Estratexia, que recibiu o premio 'Escolástico Zaldivar', entregado por Fraternidade-Muprespa na categoría de 'Sentimos a prevención'. Trátase dun galardón que destaca a aquelas organizacións altamente comprometidas coa seguridade, e puxo en valor o algoritmo predictivo, desenvolvido por esta unidade, das zonas de traballo cun maior potencial de risco.

Entre as medidas aplicadas pola empresa atópanse actuacións na organización do traballo e nas medidas de distanciamento social, ventilación e renovación do aire, uso de equipos de protección individual específicos, desinfeccións periódicas, cribados a través de test de detección, formación, información e comunicación, dotación de recursos sanitarios e plans para a xestión de potenciais emerxencias.