viernes. 21.01.2022 |
El tiempo
viernes. 21.01.2022
El tiempo

Ence iniciará o luns a súa parada técnica anual

Operarios durante la parada técnica de Ence de 2019. ADP
Operarios durante a parada técnica de Ence de 2019. ADP
Prolongarase previsiblemente ata o 25 de xaneiro

A fábrica de Ence en Pontevedra iniciará este próximo luns, 17 de xaneiro, a súa parada técnica anual, que se prolongará previsiblemente ata o 25 xaneiro.

Durante a parada execútase "un ambicioso plan de traballo", segundo indica a compañía nun comunicado, para incorporar "novas tecnoloxías e mellorar as xa existentes, co fin de seguir reforzando a súa eficiencia, fiabilidade e excelencia ambiental".

Ademais, como é habitual, xunto cos labores orientados "ao mantemento da biofábrica", aproveitarase a interrupción técnica para o reforzo da súa eficiencia e sustentabilidade.

"A seguridade e a saúde de todas as persoas relacionadas coa actividade de Ence representa unha prioridade para a compañía", indican. Por iso, supervisarase "rigorosamente" o cumprimento de todas as medidas de seguridade dentro da fábrica a través dunha campaña de "Observacións Preventivas de Seguridade por parte da liña de mando".

Ademais, debido aoo covid-19, a compañía aplicará o seu estrito protocolo de seguridade fronte á pandemia ao conxunto dos traballadores, tanto ás persoas que traballan de forma directa en Ence Pontevedra, como ás que, de maneira adicional, accederán á planta para realizar traballos relacionados coa parada, na súa maioría, procedentes de Galicia.

Entre as medidas que se aplicarán para garantir a protección e seguridade fronte ao virus cóntase a entrega de máscaras FFP2, a realización de test de antíxenos a todos os traballadores, o control de acceso ás instalacións a través dunha aplicación móbil e a distancia de seguridade.

Na mesma liña, dividiuse a parada en grupos independentes de traballo, limitando o contacto entre as persoas e garantindo en todo momento o cumprimento da distancia de seguridade. .

Para Ence, a parada técnica é un momento clave porque durante a mesma "materialízanse varios dos eixos primordiais do seu modelo xestión: a excelencia ambiental e en seguridade, a mellora continua dos seus resultados e instalacións e o compromiso social coa contorna".

Ence iniciará o luns a súa parada técnica anual
Comentarios