Ence recada preto de 230 kgs de alimentos para facer fronte á crise pola Covid-19

O Banco de alimentos O Mirador Monte Porreiro será o encargado de facer o reparto entre os pontevedreses que máis o necesiten
Doazón Ence. CEDIDA
photo_camera Doazón Ence. CEDIDA

Os traballadores de Ence lograron recadar máis de 200 quilogramos de alimentos, que foron entregados ao Banco de alimentos O Mirador Monte Porreiro e será este o encargado de distribuílos entre os pontevedreses que máis o necesiten.

Esta iniciativa, posta en marcha durante o mes de xuño, foi desenvolta polos traballadores da planta co obxectivo de mellorar a situación de persoas en risco de exclusión social da contorna da biofábrica.

Con todo, debido á situación actual, esta recollida non se puido levar a cabo como en anteriores ocasións. Ante isto, a compañía habilitou unha plataforma online onde cada un dos compoñentes do equipo humano de Ence puidesen realizar as súas doazóns, garantindo deste xeito a seguridade tanto dos traballadores como dos voluntarios da asociación.

Así mesmo, outros centros de traballo de Ence quixeron sumarse a este proxecto, desenvolvendo unha campaña similar en colaboración con organismos locais como os Bancos de Alimentos de Madrid e Huelva ou a asociación Cáritas de Navia.

Esta iniciativa solidaria súmase a outras realizadas pola compañía durante a pandemia, como a doazón de 24 toneladas de material sanitario e de 2000 metros de tea TNT para a confección de máscaras.

Comentarios