Entregadas as primeiras hortas urbanas de Monte Porreiro 

O Concello creou 22 bancais e este martes deulle as chaves aos primeiros usuarios

Las huertas urbanas de Monte Porreiro. JAVIER CERVERA
photo_camera Las huertas urbanas de Monte Porreiro. JAVIER CERVERA

O Concello de Pontevedra entregou este martes as chaves aos primeiros usuarios das hortas de Monte Porreiro, onde se habilitaron 22 bancais para traballar.

O acto consistiu na entrega das chaves da cancela da parcela e do armario no que se gardan os aparellos de traballo. Nese mesmo acto quedaron desertas dúas hortas, polo que o Concello tirará da lista da agarda para readxudicalas.

 O concelleiro de Parques, Alberto Oubiña, visitou as parcelas, situadas no parque do Miradoiro de Monte Porreiro, logo de que foran recuperadas pola empresa de inserción laboral Feito, vinculada á entidade social Rexurdir.

Tamén no barrio de Monte Porreiro, o Concello creará unha horta urbana anexa ao local social para que poidan "traballar" nela os nenos que participan na ludoteca Carabuñas.

Paralelamente, o departamento de parques informou de que está a traballar no acondicionamento das hortas urbanas da Finca do Conde, que se poderán entregar aos novos usuarios ao longo deste mes ou a primeiros de xaneiro.

Comentarios