jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

¡Menuda lata de satélite!

Noel Campos, Diego García, Javier Lorenzo, Sofía Gutiérrez e Lidia Barro, do IES A Xunqueira I. CEDIDA
Noel Campos, Diego García, Javier Lorenzo, Sofía Gutiérrez e Lidia Barro, do IES A Xunqueira I. CEDIDA
Un equipo de cinco alumnos do IES A Xunqueira I participa no proxecto espacial CanSat

Máis de medio cento de estudantes de nove institutos galegos, entre eles cinco do IES A Xunqueira I, participaron este mércores na fase galega do certame de proxectos espaciais CanSat, a competición promovida pola Axencia Espacial Europea que na súa posta en marcha en Galicia conta co apoio da Xunta, informou a Consellería de Educación. Os participantes realizaron todas as fases dun proxecto espacial real, desde a elección dos obxectivos da misión ata o deseño do Cansat, un proxecto de simulación real dun satélite do tamaño dunha lata de refrescos do que hoxe se fixeron os lanzamentos desde o aeródromo de Rozas.

O conselleiro, Román Rodríguez, agradeceu o esforzo de todos os participantes, desde alumnado ata profesorado, "por formar parte unha vez máis deste desafío no que Galicia demostra o interese e as posibilidades da formación en tecnoloxía para as novas xeracións" e por iso os animou a "inspirar a outros moitos compañeiros e centros educativos a achegar a importancia da ciencia como valor educativo e cultural".

Os estudantes realizaron todas as fases dun proxecto espacial real, desde elixir os obxectivos da misión ao deseño do satélite

NOVE INSTITUTOS. Os alumnos participantes foron os equipos Space G e DPI do IES Pontepedriña de Santiago; MeteoSputnik e Starlinkpvtj do IES Eusebio da Garda, na Coruña; Le Sat, do IES A Xunqueira I de Pontevedra; PonteSat do IES Eduardo Pondal de Ponteceso; Planeta RDT do IES Rego da Trabe de Culleredo; SaviSAT do CPI Dr. López Suárez de O Saviñao; BujanSAT do IES David Buján en Cambre; MontecasteloSAT do CPR Las Acacias, en Vigo e Ortisats, do IES Ortigueira.

O desafío consistiu en introducir nun espazo reducido os principais subsistemas dun satélite real. Este mércores presentaron os seus proxectos e lanzaron desde un dron os CanSat deseñados (do inglés can, lata; e sat, satélite) ata unha altitude aproximada dun quilómetro e, a partir de aí, comezou a misión práctica: conseguir a execución dun experimento científico, logrando unha aterraxe sen danos e a análise de datos recompilados durante o descenso.

Todo o proceso de lanzamento foi gravado e documentado e formará parte dun completo vídeo que poderá visualizarse na sesión do 2 de xuño, cando se dará conta do proxecto elixido. A gravación é necesaria para verificar que todos os Cansats participantes descenderon controladamente e tomaron terra con seguridade. Foron xa recuperados para ser entregados de xeito inmediato aos equipos participantes.

Uno de los satélites. XUNTA
[Uno de los satélites. XUNTA]

2 DE XUÑO. O resultado dos proxectos será avaliado os vindeiros días e o elixido –que representará a Galicia na fase nacional– darase a coñecer o 2 de xuño. Participará con equipos de toda España no verán en Granada. Á súa vez, o gañador da competición nacional poderá participar na competición internacional CanSat 2021 da Axencia Espacial Europea (ESA) a nivel europeo, esta vez de xeito virtual en setembro.

A edición 2021 de CanSat organízase este ano por segunda vez baixo o impulso da Consellería de Cultura, Educación e Universidade –coa colaboración específica do departamento Aula Nova do Centro Autonómico de Formación e Innovación (Cafi) de Santiago– e a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación no marco do programa de fomento das vocacións científicas da Civil UAVs Initiative.

En edicións anteriores deste certame tamén tiñan participado cos seus satélites varios equipos doutro centro pontevedrés, o IES Sánchez Cantón.

¡Menuda lata de satélite!
Comentarios
ç