viernes. 04.12.2020 |
El tiempo
viernes. 04.12.2020
El tiempo

O escalón de María Victoria

Bará, Fajardo, Llácer e Estévez, este xoves, na Alamenda. J. CERVERA-MERCADILLO
Bará, Fajardo, Llácer e Estévez, este xoves, na Alamenda. J. CERVERA-MERCADILLO

O Concello rescata o lado máis íntimo da homenaxeada o Día das Letras en 'O escalón de UIises' ▶ A xornalista Montse Fajardo é a autora deste libro do que se publicarán 2.000 exemplares

María Victoria Moreno paseaba polo parque de Campolongo rodeada de cativos aos que convidaba a doces e lambonadas. "Esa é a lenda", explica a xornalista Montse Fajardo. "Pero nós quixemos ir máis alá. Decidimos ir de paseo con ela e ver que pasaba". Así descubríu a autora da última biografía da homenaxeada o Día das Letras Galegas que, cando volvía para a casa cos rapaces, a mestra paraba nun escalón do parque, hoxe desaparecido, no que lle ía contando aos poucos a historia de Ulises. "De aí saíu o título do libro, O escalón de Ulises".

Fajardo, xunto ao concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará; á filla da autora, Begoña Llácer Moreno, e unha das cativas que a acompañaban nos paseos por Campolongo, Sara Estévez ("conocerla ha sido de las cosas más bonitas que me han pasado"), presentou este xoves este volume, do que o Concello de Pontevedra distribuirá 2.000 exemplares. O traballo, enmarcado no programa A memoria das mulleres, que coordina Bará, terá unha presentación pública este sábado (19.00 horas), ao carón da igrexa de Campolongo.

"Este é un libro da 'factoría Fajardo': polifónico e poliédrico", explicou o concelleiro. "Pretende ser un mapa dos afectos da escritora e dos seus ideais".

Fajardo entrevistouse con 18 persoas achegadas á escritora, dende familiares a alumnos pasando por amigos, para compoñer un retrato de carácter íntimo. "Cando me chegou o encargo do Concello pensei como nos poderiamos achegar a esta figura, que podiamos sumar ás diferentes biografías que xa existen", explicou Fajardo, que finalmente se decidíu por un retrato máis humano da mestra e menos literario.

Estamos moi agradecidos. Non agardabamos que isto fose tan grande

XENEROSIDADE. "Era, sobre todo, unha muller dunha extrema xenerosidade", contou a xornalista. "Demóstrao esa historia que dá título ao libro. Pero hai moitas outras". Fajardo recolle nas páxinas do seu volume varias anécdotas neste sentido. Unha contoulla a filla da escritora, Begoña Llácer:cando se enteraba de que algún alumno tiña problemas de cartos para poder ir a unha excursión ou mercar libros ou pagar unha matrícula, falaba cos seus pais e contáballe que había unhas bolsas de axuda precisamente para esa cuestión e que xa se ocupaba ela da burocracia. Despois, abonaba o custo sen que ninguén o soubese. O capítulo titúlase: As bolsas de estudo María Victoria Moreno.

A filla da escritora aproveitou o acto de este xoves para sinalar que a familia estaba "abrumada" polo afecto recibido este ano. "Estamos moi agradecidos. Non agardabamos que isto fose tan grande".

O escalón de María Victoria
Comentarios