EscaparArte encherá os comercios da Boa Vila de música, danza, monólogos e clown

A iniciativa persegue dar a coñecer o traballo de artistas da cidade e fomentar o comercio local
Presentación de EscaparArte. DP
photo_camera Presentación de EscaparArte. DP

EscaparArte é o nome do novo proxecto impulsado pola Concellería de Promoción Económica para dar visibilidade ao traballo de artistas pontevedreses e fomentar o coñecemento do comercio local. Así, a iniciativa converterá os escaparates dos establecementos en expositores e escenarios dun circuíto artístico e cultural, no que se desenvolverán disciplinas como a música e a danza, reivindicando, tal e como expresou Yoya Blanco, " as gañas dos participantes por saír aos escenarios e a necesidade dos aplausos, as risas, a complicidade, as miradas da xente…". 

Será o sábado 8 de maio cando, entre as 10.00 e as 20.00 horas os artistas sairán á rúa, creando escenarios improvisados en 18 tendas que darán cabida a actuacións de cantantes, clowns, bailarinas, instrumentistas ou monologuistas.

Deste xeito, EscaparArte foi presentado esta mañá na Sala de Prensa do Teatro Principal  e contou coa intervención de Yoya Blanco, a artista Patricia Maquieira e os responsables dalgunhas das tendas adheridas, que serán:  

  • La Tienda de Raquel (praza de San José, 2)
  • A perruquería Ana Barros (Riestra, 14)
  • Vintage Village (Santa Clara, 3)
  • Duos Moda (Virxe do Camiño, 1)
  • Baúl de Veva (Fray Juan de Navarrete, 4)
  • Mímate Delicatessen (rúa Real)
  • Marilyn Coquette (Praza da Verdura 2)
  • Macos Moda Home (Benito Corbal, 16)
  • Agasallo (Praza da Peregrina, 6)
  • Eurekakids (García Camba, 11) 
  • Pombalia (Loureiro Crespo, 13)
  • Tendencias Floristería (Loureiro Crespo, 19)
  • Seven (Cruz Gallástegui, 20)
  • Nakasa (Praza de Galicia, 5)
  • Chema Sneakers (Daniel de la Sota, 9)
  • Yamamay (Sagasta, 11)
  • Quomo (Oliva, 12)
  • Mission Surf Shop (Peregrina, 48)

Respecto aos artistas, foron elixidos no casting:

  • As bailarinas Glau Fonseca e Raquel Martín
  • Os músicos Helena Egea e Miguel Avatar
  • A actriz, cantante e presentadora Ariadna Santana
  • O músico e cantante Ricardo Ferreira
  • A instrumentista Eva Chispita
  • Os clowns e malabaristas de Asacocirco

A programación quedou como segue:

  • 10:00 h. La Tienda de Raquel: Glau Fonseca e Raquel Martín
  • 10:30 h. Peluquería Ana Barros: Helena Egea e Miguel Avatar
  • 11:00 h. Vintage Village: Ariadna Santana
  • 11:00 h. Duos Moda: Ricardo Ferreira
  • 12:00 h. Baúl de Veva: Helena Egea
  • 12:30 h. Mímate Delicatessem: Miguel Avatar e Raquel Martín
  • 13:00 h. Marilyn Coquette: Ariadna Santana
  • 13:00 h. Macos Moda Home: Ricardo Ferreira
  • 13:30 h. Agasallo: Eva Chispita
  • 17:15 h. Eurekakids: Asacociro (malabares/clown)
  • 17:30 h. Pombalia: Miguel Avatar e Raquel Martín
  • 17:30 h. Tendencias Floristería: Helena Egea
  • 18:00 h. Seven: Ricardo Ferreira
  • 18:30 h. Nakasa: Asacocirco
  • 19:00 h. Chema Sneakers: Ariadna Santana
  • 19:30 h. Yamamay: Ricardo Ferreira
  • 20:00 h. Quomo: Miguel Avatar e Helena Egea
  • 20:00 h. Mission Surf Shop: Asacocirco

Comentarios