A escola Bonobo monta unha Festa do solsticio de verán no parque das Palmeiras

O festival comezará o sábado ás 12.00 horas cunha serie de representacións escénicas
Un grupo de niños en la escuela Bonobo, el verano pasado.ADP
photo_camera Un grupo de niños en la escuela Bonobo, el verano pasado.ADP

Música en directo, teatro e outras propostas artísticas mesturaranse na Festa do solsticio de verán, que o Concello de Pontevedra celebrará en colaboración coa escola Bonobo o sábado 26 de xuño no Parque das Palmeiras.

As actividades estarán protagonizadas polo alumnado deste centro, que dirixe o mestre e músico Gonzalo Maceira (Furious Monkey House) e que conta entre o seu profesorado con Violeta Mosquera (Bala) e Laura García (Grima), entre outros. O festival comezará ás 12.00 horas cunha serie de representacións escénicas levadas a cabo pola cativada de menor idade (entre 3 e 9 s anos). Ás 16.00 horas comezará o primeiro bloque de concertos (protagonizado pola rapazada de entre 4 e 8 anos); ás 17.00, o segundo e ás 18.00, o terceiro (estes dous últimos, de nenos e nenas maiores de 8 anos). O festival rematará cun segundo bloque de teatro que comezará ás 19.30 e que consistirá en representacións do alumnado de 9 anos en adiante.

O público estará situado entre os dous escenarios que se colocarán nas Palmeiras. Segundo informa o Concello, o acceso estará limitado a 70 persoas (que estarán sentadas en cadeiras con distancia entre si). obradoiros. A maiores, o evento contará cunha zona de obradoiros para a rapazada de entre 8 e 12 anos. Para participar, as familias deberán anotarse con antelación a través da rede (www.estudobonobo.com). A escola ofrecerá tres talleres diferentes: un de plástica, outro musical e outro de teatro. No de plástica trátase de que os participantes "aprendan a traballar con diversos materiais e con diferentes técnicas".

No obradoiro musical, a cativada achegarase ao concepto de ritmo a través de tambores e tubos sonoros. "Con diferentes ritmos e vibracións traballarase a capacidade de escoita e concentración". Finalmente, no taller de teatro "crearanse espazos para o xogo e a imaxinación, ademais de desenvolver o dominio da linguaxe"

Comentarios