Jueves. 15.11.2018 |
El tiempo
Jueves. 15.11.2018
El tiempo

CHUPETES

A escola Chupetes abrirá o prazo de matrícula o vindeiro 5 de xuño

Alumnos da escola infantil do Príncipe Felipe durante unha actividade
Alumnos da escola infantil do Príncipe Felipe durante unha actividade
O centro, dependente da Deputación, conta con 115 nenos de entre cero e tres anos ►Os que continúen deberán reservar praza desde este luns

A escola infantil Chupetes, situada na Cidade Infantil Príncipe Felipe e dependente da Deputación de Pontevedra abre este luns o periodo de reserva de praza para os alumnos que teñan previsto seguir no centro durante o curso 2017-2018. Ata o 2 de xuño deberán presentar a documentación solicitada as familias dos matriculados no curso 2016-2017, os seus irmáns -de telos- que renoven praza e os fillos das traballadoras da escola infantil. Entre o luns 5 e o venres 30 de xuño, en función do número de prazas vacantes, poderán realizar a reserva de praza as familias de novo ingreso. As familias interesadas poden visitar o centro de 10.30 a 11.30 horas.

A continuación procederase ao baremo de solicitudes. A partir do luns 3 de xullo poderase consultar a lista provisional de persoas admitidas e non admitidas na cristaleira da escola. A relación definitiva estará dispoñible a partir do venres 7 de xullo. O alumnado admitido poderá matricularse desde o luns 10 ata o mércores 26 de xullo. Os impresos de matrícula recolleranse na escola, aínda que tamén poden descargarse na web http://www.depo.es/escola-infantil-chupetes/matricula1.

Actualmente o centro conta con 115 nenos matriculados neste curso, polo que todas as prazas están cubertas. Por franxas de idade, na de cero a un ano son 16, na de un a dous, 39, e na de dous a tres, 60 cativos. De momento non se coñece a cifra de vacantes que quedará para o vindeiro curso.

Chupetes é a única escola infantil de Galicia que conta cun sistema de quendas que abre dende as 7.30 ás 22.30 horas de xeito ininterrompido, o que, subliña a Deputación, "permite aos pais que traballan organizarse e deixar a os seus fillos atendidos por un equipo educativo de calidade". Ademais, o centro está aberto a todas as familias da comarca pontevedresesa.

TRES QUENDAS. Outra das vantaxes é que desde hai unos anos se atende a demanda de familias de nenos que nacerán no que resta de ano, xa que noutras garderías públicas non se dá a posibilidade de facer a matrícula para bebéns que aínda non naceran durante o prazo de matrícula.

Esta situación ven obrigando ás nais embarazadas a esperar o nacemento antes de iniciar os trámites da admisión, o que supón que, na práctica, case todas as escolas xa teñan completas as cotas de alumnos por aula co que, na maior parte dos casos, quedan sen servizo.

A escola infantil de Príncipe Felipe ten dous eixes de funcionamento. O primeiro é permitir a conciliación entre a vida laboral e familiar. Trátase da primeira escola infantil de Galicia que aplica un sistema para dar resposta a grupos de pais e nais que traballan en dúas ou tres quendas. Os nenos pasan un máximo de oito horas no centro, no que comen ou cean. "A conciliación non é matemática, e baixo ese suposto, é o único centro que se adapta á situación real e ás circunstancias das familias", engade a Deputación.

O segundo céntrase no aspecto educativo, xa que o obxectivo é fomentar a autonomía persoal dos nenos e ter en conta as súas necesidades de afectividade e educación nun tramo de idade fundamental no desenvolvemento da súa personalidade. O equipo de persoal da escola está formado por unha directora, unha persoa de servizos xerais, sete educadoras pola mañá e dúas pola tarde, así como unha de reforzo.

A escola Chupetes abrirá o prazo de matrícula o vindeiro 5 de xuño
Comentarios