A Escola Embaixadora do IES Valle-Inclán celebrará 11 efemérides este trimestre

O instituto implica a todo o estudantado no proxecto europeo e traerá a numerosos convidados á actividade 'Sofá con...'
Alumnado do centro elaborou un 'info point' no vestíbulo. CEDIDA
photo_camera Alumnado do centro elaborou un 'info point' no vestíbulo. CEDIDA

Once efemérides só no primeiro trimestre. O IES Valle-Inclán estende a todo o seu estudantado —unhas 700 persoas— o proxecto de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo, que chega á súa terceira edición. Non obstante, o alumnado de 4º da ESO seguirá sendo o máis implicado.

A docente coordinadora da iniciativa, Ana Santos, e a integrante da comunidade creativa A Redeira África Rodríguez debullaron os proxectos para este curso. Aínda que as clases empezan o vindeiro luns, un grupo de 20 rapaces xa estiveron estes días no centro montando un 'info point', isto é un escaparate europeo no vestíbulo do instituto. O epicentro é un sofá polo que ao longo do curso irán pasando distintos convidados para protagonizar charlas, coloquios e debates sobre diversos temas dos que se celebrarán días internacionais.

ACTIVIDADES

En setembro abordarase o turismo e o multilingüismo; en outubro a traducción, a pobreza, as mulleres rurais ou a eurocidade; en novembro haberá un scape room sobre a diabetes e tamén se abordará a violencia sobre a muller, e en decembro será a quenda da escraviturde, o voluntariado ou os dereitos humanos. Así mesmo, un grupo de 28 alumnos de Bacharelato viaxará a Estrasburgo para visitar o Parlamento Europeo co deputado Francisco Millán Mon.

Comentarios