Lunes. 17.06.2019 |
El tiempo
Lunes. 17.06.2019
El tiempo

As Escolas Unesco celebran o 70 aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos

A través da música, a poesía ou o teatro, os nenos e nenas falaron das liberdades e dos dereitos das persoas

O Pazo da Cultura acolleu durante este luns o acto de conmemoración dos 70 anos da Declaración dos Dereitos Humanos. No mesmo participaron os centros asociados ás Escolas Unesco de Pontevedra e concellos das proximidades, que abriron un debate e unha reflexión sobre a importancia desta declaración e a súa vixencia a día de hoxe. A través da música, a poesía ou o teatro, os nenos e nenas falaron das liberdades e dos dereitos das persoas, dende a non discriminación por sexo, orixe ou crenzas ata dereitos como a saúde, a vivenda ou a educación. 

No acto participaron tamén autoridades. Estivo presente o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Educación da cidade, Carmen Fouces. Ademais, acudiu tamén a subdelegada do Goberno, Maica Larriba; o director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, a deputada provincial Digna Rivas e a comisaria da Policía Nacional de Pontevedra, Estíbaliz Palma. Todos eles participaron no acto lendo artigos da dita declaración.

As Escolas Unesco celebran o 70 aniversario da Declaración dos...
Comentarios