A espiritualidade dos bosques

Investigadores da EE Forestal desenvolverán unha metodoloxía para certificar os valores inmateriais dos bosques co obxectivo de vinculada ao Camiño de Santiago
Integrantes do grupo AF-4, que desenvolverá este proxecto cunha axuda do Plan Social Ence 2023. DUVI
photo_camera Integrantes do grupo AF-4, que desenvolverá este proxecto cunha axuda do Plan Social Ence 2023. DUVI

Pola súa contribución á mitigación dos efectos do cambio climático e á preservación da biodiversidade, pola produción de madeira e doutra serie de produtos... A conservación dos bosques implica numerosos beneficios, aos que cómpre sumar tamén outros de carácter inmaterial, como aqueles ligados ao ocio e benestar do ser humano. Como adxudicatario dunha axuda á innovación do IV Plan Social Ence Pontevedra, o grupo de investigación AF-4, da Escola de Enxeñaría Forestal, traballa no desenvolvemento dunha metodoloxía dirixida a certificar eses valores inmateriais ou espirituais ligados aos bosques, que tratarán de poñer a proba en masas forestais ligadas ao Camiño de Santiago.

"Trátase de conseguir nun futuro unha certificación forestal dos bens inmateriais e intanxibles dos bosques", sinala o investigador principal do grupo AF-4, Enrique Valero, que incide no novidoso dunha proposta que toma como punto de partida os Criterios da Xestión Forestal Sostible, definidos na conferencia interministerial de Helsinki. "Será a primeira vez que se intentan conseguir indicadores de sostibilidade ligados a aspectos inmateriais, pero si apreciables, tales como benestar, saúde, espiritualidade, valor experiencial, calidade estética e outros relacionados coa experiencia perceptiva e emocional", destaca o grupo de investigación.

O obxectivo principal deste proxecto é o desenvolvemento dunha metodoloxía que garanta "a consideración de aspectos sociais, culturais e espirituais que as masas arbóreas proporcionan aos usuarios que as visitan". Para iso, explica Valero, será necesario definir un conxunto de indi-cadores que permitan avaliar se unha masa forestal ou un tramo de bosque cumpren unha serie de criterios que permitan recoñecelos «como de excelencia» a través dunha certificación, do mesmo xeito que outros produtos derivados dos bosques son recoñecidos con certificacións como PEFC.

"Temos que propor indicadores e ver en que medida se poden computar", salienta Valero dun traballo que porá o foco nos valores vinculados "os servizos ecosistémicos dos bosques". A idea é valorar aspectos ligados á calidade, á paisaxe ou o recreo, o que fará que sexa preciso avaliar, engade, unha ampla serie de aspectos, desde a calidade do aire á propia "experiencia emocional", pasando polas "experiencias cumio na visitas os bosques" ou porque non existan "elementos distorsionadores", visuais ou acústicos, no treito a certificar, senón que se trata "dunha contorna paisaxística de calidade".

A metodoloxía de certificación que o grupo AF-4 busca definir contribuiría a "unha xestión forestal respectuosa cos valores culturais e espirituais identificados" nas masas forestais. Nese senso, trátase "dun proxecto que trata de desenvolver a sustentabilidade dos bosques", sobre a base dos Criterios de Xestión Forestal Sostible e máis concretamente do seu número 6, que fai referencia ao "mantemento e mellora doutras funcións e condicións socio-económicas" das masas forestais. Neste caso, tratando á súa vez de A espiritualidade dos bosques Integrantes do grupo AF-4, que desenvolverá este proxecto cunha axuda do Plan Social Ence 2023. Duvi vinculalas co Camiño de Santiago, no que se insiren "percorridos a través das masas forestais que teñen multitude de usuarios, aos que tes dalgunha maneira que garantir a sostibilidade desa experiencia", apunta Valero.

Nese senso, a idea é tratar nun primeiro termo, de aplicar a metodoloxía "en masas forestais xestionadas por Ence, se pode ser, próximas ou na contorna dos Camiños de SantiagoQ. O obxectivo final, engade, é tratar de xerar "unha metodoloxía replicable" e aplicable no futuro a diferentes tipos de masas forestais, o que, como recolle a memoria do proxecto, contribuiría tanto á súa conservación, como á xeración de emprego e ao desenvolvemento das zonas rurais.

Comentarios