Espertando paixón polas matemáticas

Máis de 400 escolares participan nun proxecto dirixido a espertar vocacións matemáticas, incidindo no "xesgo de xénero"
Imaxe dun dos vídeos dos talleres 'Te lo cuenta una espía'. DUVI
photo_camera Imaxe dun dos vídeos dos talleres 'Te lo cuenta una espía'. DUVI

"As matemáticas percíbense como unha ciencia desconectada da vida cotiá, sen aplicacións. Unha das causas deste feito é que, en gran medida, en educación primaria preséntanse unicamente como técnicas para manexar datos numéricos". Deste xeito presenta o grupo de innovación docente MaReMa, a motivación dun proxecto no que buscan "estimular as vocacións matemáticas" dos nenos e, especialmente, as nenas do terceiro ciclo de primaria, que levan a cabo coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Ciencia e Innovación. Máis de 400 alumnos e alumnas de oito centros educativos de Vigo e Pontevedra participan no presente curso en Te lo cuentan las matemátiCapturacas, unha iniciativa que, a través de talleres, encontros con investigadores e investigadoras e outra serie de recursos, como vídeos divulgativos, busca promover "unha aprendizaxe significativa e funcional" desta ciencia, como destaca a responsable do proxecto, a profesora Marta Pérez. Te lo cuentan las matemáticas presta así mesmo "especial atención ás medidas destinadas a favorecer a igualdade no ámbito da investigación en matemáticas", dado o "importante nesgo de xénero" existente, que fai preciso promover estas vocacións desde a infancia co obxectivo de "garantir unha maior incorporación de mulleres á carreira científica matemática". 

Profesora na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, Pérez Rodríguez pon o acento na "percepción en xeral moi negativa" desta ciencia, motivada ao seu xuízo pola falta "dunha aprendizaxe significativa e funcional das matemáticas, que se reduce a facer cálculos". Fronte a "metodoloxías baseadas en libro e libreta" e centradas "na aplicación de regras de forma mecánica", este proxecto, seleccionado na convocatoria de axudas para o fomento da cultura científica, tecnolóxica e da innovación da Fecyt, avoga por unha metodoloxía baseada "na manipulación, as tecnoloxías e as aplicacións", que faga que a aprendizaxe «sexa amena, divertida e innovadora» e promova que as matemáticas "resulten atractivas, entretidas e comprensibles". A través dunha aprendizaxe baseada "na acción lúdica e transversal a outras disciplinas" e de talleres centrados nas súas aplicacións na criptografía, a astronomía, as telecomunicacións e os mapas, o proxecto busca dar visibilidade á "utilidade social e económica" desta ciencia. Outro dos obxectivos así mesmo é tratar de rachar cos "estereotipos" relativos aos investigadores e investigadoras neste eido, e amosar "que somos xente normal, que traballamos con cousas da vida diaria e que está é unha ciencia que se utiliza en case todos os ámbitos", como salienta Pérez.

O proxecto contempla o desenvolvemento de tres bloques de actividades, nas que participa alumnado do CEIP Froebel, en Pontevedra e dos colexios vigueses Chans-Bembrive, Mosteiro Bembrive, García Barbón, Dr. Fleming, Illas Cíes, Mestres Goldar e Virxe do Rocío. O primeiro levouse a cabo o pasado trimestre e comprendeu o desenvolvemento de dous talleres, un centrado en "procesos manipulativos" e outro tecnolóxico, no que se fai uso software matemático ou do ámbito da robótica, que permitiron a nenos e nenas "aprender a descifrar mensaxes ocultas" a través da criptografía. "Os contidos tratados ilústranse con aplicacións da vida cotiá", destaca o grupo MaReMa dunha serie de talleres que foron impartidos polo alumnado do grao en Educación Primaria, "garantindo, en relación á covid-19 todas as medidas de seguridade". Este bloque completouse co primeiro dos encontros con investigadores novos, neste caso co profesor da Universidade de Vigo Xabier García, un encontro que, por mor da situación sanitaria, tivo que levarse a cabo por videoconferencia. Tanto estes coloquios, nos que as e os protagonistas propoñen "retos matemáticos aos escolares" ademais de abordar a súa traxectoria, como os talleres desenvolveranse de novo nos outros dos bloques.

TAMÉN NA TELEVISIÓN. Así mesmo, co obxectivo "dar unha maiAgnes Meyer.FACEBOOKor difusión ao proxecto, para que non chegue só aos colexios cos que estamos colaborando", elabóranse, coa colaboración de UVigo-TV, unha serie de vídeos que, sumados ás guías dos talleres, permitirán "que calquera docente poida implantalos tamén na súa aula", salienta Pérez.

"Para os nenos e nenas é fundamental ter referentes", salienta o grupo MaReMa (Materiais e Recursos en Matemáticas), que con esa idea vincula cada bloque de actividades a unha "figura relevante nese campo, preferiblemente unha muller". 

Comentarios