Estacas para sinalar as cacas dos "malos cidadáns caninos"

O Concello lanza unha campaña polo comportamento responsable dos donos de mascotas
Imaxe da presentación da campaña, este xoves. GONZALO GARCÍA
photo_camera Imaxe da presentación da campaña, este xoves. GONZALO GARCÍA

Estacas ou hastas cruzadas sinalizarán os excrementos non recollidos por parte dos propietarios de cans nos parques e espazos públicos da cidade. As concellerías de Benestar Social e de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, que dirixen os socialistas Marcos Rey e Iván Puentes, presentaron este xoves unha ofensiva co obxectivo de acabar cos residuos sólidos caninos na cidade.

Ademais da colocación de estacas que sirvan para sinalar os malos comportamentos dos propietarios de cans que non recollen as cacas, a campaña de concienciación Bo cidadán canino, boa cidadá canina traducirase na distribución de flyers con consellos para pasear ás nosas mascotas, a instalación de carteis e bandeirolas que advirten dos prexuízos que as deposicións teñen sobre os xardineiros e das sancións que a lei recolle para aqueles que non as retiran.

Ver máis | Crean 'Pontecaca', el mapa que localiza dónde hay más excrementos de perro

A iniciativa foi presentada no parque de Amalia Álvarez, unha zona verde moi empregada para o paseo de mascotas, nun acto no que estiveron acompañados por membros da asociación protectora Os Palleiros e do club Diverti Cans, que asistiron con algúns dos seus peludiños.

Ademais de exhibir as creatividades deseñadas para a campaña, tamén estampadas en chapas, os concelleiros amosaron a escenografía que viaxará por distintas zonas verdes de Pontevedra durante un tempo para chamar a atención sobre a necesidade de conxugar o cariño animal coa limpeza e a convivencia.

Cartel Bo cidadán canino, boa cidadá canina - cacas de perroTal e como apuntou o concelleiro de Desenvolvemento Sostible, "con esta performance que se dirixe ás persoas que pasean co seu can e que subliña a enorme incomodidade que sofren os traballadores que coidan dos nosos xardíns cando dan cos fíos das desbrozadoras nas cacas e rematan literalmente duchados, tendo que convivir con esa nauseabunda sensación durante o resto da súa xornada laboral". Iván Puentes sinalou que "o fenómeno dos residuos sólidos caninos non é exclusivo dos parques, senón que se estende a todo o espazo público urbano, onde algunhas persoas amosan comportamentos incívicos", o que levou a desenvolver unha campaña máis ampla, en colaboración con Benestar Animal, con bandeirolas, chapas e flyers que amplifican "o constante berro da cidadanía por gozar de parques e rúas limpos de substancias impropias".

Cartel Bo cidadán canino, boa cidadá canina - cacas de perro (2)Baixo o lema Así si e un debuxo no que un cidadán leva na súa man unha bolsiña coas deposicións da súa mascota, a campaña Bo cidadán canino, boa cidadá canina busca chamar a atención con mensaxes directas como Sabes que as persoas que coidan os xardíns quedan cheas de excremento se pillan unha caca do teu can coa desbrozadora? ou Sabes que non recoller as cacas pode supoñer unha multa de ata 500 euros?.

Segundo explicou Marcos Rey, os flyers que se van distribuír establecen "unha lista de consellos que a xente debe seguir para comportarse como un bo cidadán canino, como sacar a pasear ao animal as veces necesarias ou levar unha correa, colar ou arnés adecuado.

Comentarios