domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

Estes son os tres gañadores do concurso de escaparatismo de Pontevedra

Escaparates de El Granero, Peluquería Ana Barros e Pepa y Punto. DP
Escaparates de El Granero, Peluquería Ana Barros e Pepa y Punto. DP
O xurado valorou a "creatividade e orixinalidade" dos establecementos: El Granero, Peluquería Ana Barros e Pepa y Punto

O xurado da campaña O Meu Compromiso acaba de facer públicos os nomes dos tres establecementos comerciais gañadores do seu concurso de escaparatismo, que recibirán un premio de 600 euros da man da concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco.

Son El Granero, Peluquería Ana Barros e Pepa y Punto. O xurado valorou especialmente a "creatividade e orixinalidade" dos decorados gañadores, así como "o respecto pola esencia da campaña e a inclusión dos materiais que lles tocaron nas súas zonas"

No concurso participaron un total de 42 establecementos, distribuídos por tres zonas distintas.

► Sete representantes da zona 1, de materiais reciclables, próximos ao punto de Rosalía de Castro (Piliña Vivancos, Mission Surf Shop, Mundo Verde, Xoiería Palamios, Viajes Eroski, La Ventana Natural Herbolario e Expendiduría 19),

► 21 da zona 2, de fibras naturais, do contorno da Praza de Ourense (La Artesa, Amo Galicia, Pilar Delmas Filgueira, Mercería Jota, Carnaby, Fentos, Joyería Martínez Vilanova, Milagros Molero, Calzados El Precio Justo, Óptica Lafuente, Lanas Teresa Tobío, Sunset Pontevedra, Peluquería Ana Barros, Ricar, A3 Papelería Técnica, Zapatillería Mora, Casa Sada, Dequip Pontevedra, POT, Centro Especial de Empleo Emeene e Ecosabor) e

► 14 do da zona 3, de plantas e madeiras, da área de Loureiro Crespo (Espazo Lector Nobel, Comercial Minia, Liz Esperón, M de Mamá, Mister Baby, Macos Moda Hombre, Frutería Sonia, Fentos Joyería, El Desván, Pepa y Punto, Librería Depapeis, María José Lois ‘Cuaderna Maestra’, Sube Aminube e Lawen Art Studio).

Estes son os tres gañadores do concurso de escaparatismo de Pontevedra
Comentarios
ç