Un estímulo para a cultura galega

A Feira Culturgal é unha das moitas iniciativas que apoia a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, para poñer en valor a cultura galega. Cada ano promove cada ano diferentes liñas de subvencións para impulsar a cultura no eido da música, do audiovisual e das artes escénicas. O Xacobeo 2021 será un escaparate mundial
GON Recinto Feiral. Inauguracion de Culturgal con foto do novo deseño, das primeiras actividades, do espazo das exposicions e detalles dos postos. , viernes, 29 nov · 12:00–13:00
photo_camera Público asistente ás actividades do stand da Xunta de Galicia no Culturgal. GONZALO GARCÍA

Culturgal é un dos moitos proxectos que cada ano apoia a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). O director do organismo, Jacobo Sutil, definea como "a festa da industria cultural galega" e louva o "papel fundamental" da Xunta de Galicia nela, non só polo financiamento do evento senón polos contidos. "Temos 24 actividades. Aquí están representadas artes escénicas, música, audiovisual, libro... e este ano incorporamos os contidos interactivos, os videoxogos, que enriquecen todavía máis Culturgal".

A feira das industrias culturais é un escaparate cara o público pero tamén un importante motor de intercambio entre profesionais do sector. "É unha maravilla ver ás familias comprando e ollando a cultura galega... Culturgal é un exemplo en canto a captación de público", sinala Jacobo Sutil.

O papel da Axencia Galega das Industrias Culturais é o de apoiar e o fortalecer os axentes culturais, sobre todo das empresas que participan na cultura. "Estamos especializados no ámbito das artes escénicas, da música e do audiovisual. En cada un destes ámbitos tratamos de apoiar a profesionalización e a formación de todos os axentes intervintes e unha das liñas de apoio para facelo son as axudas en concorrencia que publicamos anualmente", explica o director da entidade.

No ámbito audiovisual, a principal liña de apoio ao sector son as axudas á producción e á coproducción, dotadas no ano 2019 con 2 millóns de euros, na que se apoian proxectos como O que Arde, Quien a hierro mata ou Ons, tanto dun corte máis comercial como dun tipo máis autoral.

As subvencións para o desenvolvemento audiovisual permítenlle aos productores investir nas fases previas á de producción (asesores de todo tipo, búsqueda de localizacións, mellora da estructura financieira...). Estas axudas están dotadas con 260.000 euros.

Liñas de subvencións para producións, desenvolvemento audiovisual ou apoio ao talento e aos guións

"Son axudas que teñen pouca visibilidade cara ó público pero que son moi positivas porque conseguen que os proxectos cheguen á parte de produción en condicións moito mellores, isto é unha das razóns que explican que ultimamente teñamos tan boas novas en Galicia no ámbito audiovisual", comenta Sutil.

Por outra banda están as axudas ao talento, dirixidas a directores novos, que teñen tres categorías:longametraxes, guións e curtametraxes e poden ser un primeiro proxecto para os profesionais que comezan no sector.

En canto á difusión, Agadic ofrece tamén apoio para participar en festivais de cinema galegos así como a difusión a través do CGAI e as súas colaboracións cos cineclubes das principais cidades galegas. Tamén ofrece o seu apoio para que as empresas galegas participen nos principais mercados e feiras do mundo, así como a presenza nos festivais que seleccionan en competición un proxecto galego.

ARTES ESCÉNICAS. A Axencia Galega das Industrias Culturais ten varias vías para a difusión das artes escénicas. "A través da Rede Galega de Teatros e Auditorios investimos 800.000 euros para que o teatro e danza galegas cheguen a todo o noso territorio, pero ademais contamos coa categoría de distribución interior dentro das axudas á distribución de artes escénicas. Estas mesmas axudas posibilitan que as compañías de artes escénicas asistan a feiras ou festivais con apoio da Xunta, así como a organización de xiras polo exterior. Aquí tamén apoiamos a difusión interior a través das axudas a festivais de artes escénicas", resume Sutil.

MÚSICA. Para potenciar a música galega está a Rede de Música ao Vivo, que actualmente ten a convocatoria aberta. "Poñemos en valor as salas de música e os bares que programan música, que en moitos sitios son o único acceso á cultura que hai", indica Sutil. A novidade nesta área son as axudas para a produción fonográfica. "Temos o obxectivo de facer xurdir talento no ámbito musical e apoiar ás empresas que levan anos producindo discos de músicos galegos, que teñan un apoio para seguir nesa liña", di o presidente de Agadic.

Ademáis, están as axudas á distribución do producto musical, para as xiras ou asistencia a festivais e certames internacionais. Neste eido, as contías outorgadas destínanse a cofinanciar o desenvolvemento de máis de 600 actuacións escénicas, concertos e accións de promoción en países como Alemaña, Arxentina, Austria, Bélxica, Brasil, Chile, China, Colombia, Cuba, Ecuador, Francia, Holanda, Italia, Irlanda, Luxemburgo, México, O Salvador, Portugal, Reino Unido, República Checa e Uruguai, ademais de en Galicia e no resto de España.

É o caso dos concertos ofrecidos recentemente por Carlos Núñez nunha vintena de cidades de Escocia, Irlanda, Luxemburgo, Francia e España, así como do tour británico de Agoraphobia ou das últimas xiras de Alfonso Franco Cuarteto, Andrea Pousa, Anxo Lorenzo, Davide Salvado, De Vacas, Fernando Barroso, Guadi Galego, Luar na Lubre, Óscar Ibáñez, Pelepau, Rodrigo Romaní, Roi Casal, Samuel Diz, Sumrrá, Susana Seivane, Uxía, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, e Xan Campos Trío, entre outros.

"É un panorama bastante amplo co que cubrimos tódolos aspectos e sempre en diálogo coas asociacións e colectivos implicados porque os recursos son escasos e temos que ser o máis eficientes posible nos nosos investimentos", resume Jacobo Sutil. O máximo representante da entidade sostén que a colaboración é fundamental porque "ao final o que queremos é o mesmo que eles: profesionalizar o sector e que cada vez máis xente en Galicia poida vivir da cultura".

Os retos de futuro de Agadic pasan por aumentar e estabilizar as cifras de emprego do sector cultural

XACOBEO. O próximo Xacobeo 2021 concíbese como un escaparate para dar a coñecer a cultura galega ao mundo e, segundo Sutil,a cultura galega vai ter unha importante presenza na súa programación. O director de Agadic avanza que «no campo audiovisual temos unha serie sobre o Camiño de Santiago, adxudicada o ano pasado por valor de 1,5 millóns de euros, na que temos postas moitas esperanzas. Haberá tamén accións na parte de artes escénicas».

O papel da cultura e fundamental para as persoas. "Enriquécenos moito como sociedade e convértenos en máis participativos. Nunca hai que esquecer iso pero tampouco que o sector cultural é tamén un sector económico que xera emprego e que moitas veces é semente de movemento económico ó que directamente no se lle imputa, como por exemplo, cando hai un festival ou se filma unha película hai reservas de hoteis, gastos en bares e restaurantes... son propiciados por unha actividade cultural".

Os retos para o futuro de Agadic pasan por aumentar e estabilizar a cifra de empregados do sector cultural. "No ámbito escénico, por exemplo, contrátanse os actores polos días en que teñen funcións e temos que implementar medidas que faciliten e permitan ás empresas que sexa unha vantaxe contratar a un actor por todo o mes e non por días. Ese é un dos nosos retos que temos que ir conseguindo conxuntamente co sector, tendo a súa complicidade, e a do público, que os galegos apoien a súa cultura", sentencia Jacobo Sutil.

Un 11% máis de afiliacións 
Galicia é a quinta Comunidade Autónoma con máis empregados no ámbito cultural tal e como recolle o último informe do observatorio da Cultura Galega. Deste xeito, entre os anos 2014 e 2018, a comunidade experimentou un crecemento do 5,4% no emprego cultural, pasando de 33.200 traballadores aos 35.000 actuais. 

Ademais, a proporción de emprego cultural sobre o total en Galicia é do 3,2%. 

Nos últimos cinco anos, as afiliacións á Seguridade Social medraron nun 11,2%, o número de contratos no eido cultural experimentou un incremento dun 49% e o paro rexistrado nas principais actividades culturais descendeu nun 26,5%.

Comentarios