A estrada que une Campañó e O Vao reábrese ao tráfico tras mes e medio de obras

► A estrada EP- 0017 volve estar en servizo dende as 14.30 horas de o venres
O deputado de infraestructuras, Gregorio Agís, no treito reparado. DP
photo_camera O deputado de infraestructuras, Gregorio Agís, no treito reparado. DP

A estrada EP- 0017, que une O Vao con Campañó, volve estar en servizo dende as 14.30 horas de o venres, unha vez que a Deputación rematou as obras de emerxencia acometidas para reparar o tramo da calzada que cedeu a causa dos temporais de choiva do pasado mes de xaneiro. Os traballos, adxudicados polo procedemento de emerxencia e cun custo de 150.000 euros, están xa rematados a falta dos últimos retoques.

O deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís, visitou o venres a zona onde na madrugada do 17 de xaneiro se produciu o afundimento, e destacou a axilidade na tramitación administrativa para a adxudicación das obras, así como o labor da equipa técnica da Deputación e da empresa contratista para reparar os danos nun tempo de só mes e medio dende que comezaros os traballos. Agís explicou que deste xeito logrouse rebaixar o prazo de execución de dous meses, "que xa era esixente".

A reparación afectou ao tramo de 100 metros cedido e comezou pola retirada do coche que foi "absorbido" polo derrubamento da vía cara o terraplén lateral. Ademais, foi preciso limpar tódalas escorrentas de terras que se produciron ladeira abaixo e que afectaron a varias parcelas privadas. A construción dun gran muro de contención e a ampliación da drenaxe transversal, cun incremento de sección para evitar que o problema de saturación polos arrastres de terra se repita no futuro, deron paso ao aglomerado da calzada e ao pintado. Ademais, executouse unha rampla de acceso a unha finca que resultou afectada pola construción do muro.

Os operarios continuarán traballando nos próximos días para formigonar pequenas seccións na cuneta e tamén coa sinalización horizontal, que será preciso repasar unha vez que as condicións meteorolóxicas o permitan.

Cando ocorreu a incidencia no mes de xaneiro, non había ningún signo de deterioro nesta estrada, que viña de ser pavimentada recentemente.

Comentarios