As estradas da provincia de Pontevedra cobráronse 21 mortos neste ano

A subdelegada lembra que practicamente a metade das vítimas eran peóns, ciclomotoristas ou ciclistas
Controles en los accesos a Pontevedra. RAFA FARIÑA
photo_camera Controles en los accesos a Pontevedra. RAFA FARIÑA

A subdelegada de Goberno, Maica Larriba, lembrou este o sábado ás 21 persoas que perderon a vida nas estradas da provincia no que vai de ano co gaio da celebración do Día Mundial de Recordo ás Vítimas de Accidentes de Tráfico. "Este domingo é un día para a lembranza. Só as vítimas e as súas familias coñecen o sufrimento e drama que se agocha detrás de cada accidente de tráfico", asegurou.

En total, perderon a vida no que vai de ano nas estradas da provincia 21 persoas en 19 accidentes de tráfico. "Cando falamos de mortos, ningunha cifra é aceptable. Por iso, todos temos que seguir traballando para reducir a sinistralidade viaria e ter sempre presente que non respectar as normas de tráfico é poñer a nosa vida e a dos demais en risco", asegurou Larriba.

A subdelegada do Goberno inicidiu, ademais, "no labor de todas as persoas e institucións que traballan na prevención e atención de accidentes de tráfico, e en particular o dos medios sanitarios, nun ano especialmente difícil para estes profesionais". 

A subdelegada volveu destacar "a importancia de prestar atención aos usuarios vulnerables. Case o 50 % das vítimas mortais eran peóns e usuarios de ciclomotores e motocicletas. En particular, faleceron nas estradas da provincia un peón; un condutor de ciclomotor; e cinco condutores de motos". 

Aínda que sen querer ser optimista en exceso, Larriba indicou que a pesares de que as cifras de falecidos son as mesmas comparadas co ano pasado a estas mesas datas "e aínda nos falla mes e medio de ano, os accidentes con vítimas na provincia caeron nun 29 por cento con respecto ao ano pasado". 

DESCENSO DOS GRAVES. Igual ten acontecido cos accidentes con feridos graves, que teñen descendido nun 39%, mesma cifra que os accidentes con feridos leves. A subdelegada recordou que aínda que as cifras dos accidentes con vítimas "reflexan unha boa dinámica de baixada temos que seguir sendo prudentes porque aínda nos falla mes e medio para rematar o ano e son datas nas que se viaxa moito". 

O terceiro domingo de novembro lémbrase en todo o mundo ós miles de falecidos cada ano nas estradas e aos seus familiares. Unha iniciativa que naceu hai 25 anos da man das organizacións europeas de vítimas e que no ano 2005 foi convertida en conmemoración mundial pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas. O lema elixido este ano para a súa celebración é Lembra, apoia, actúa.  

Segundo a ONU, máis dun millón de persoas perden a vida na carreteira cada ano no mundo, o que supón dúas mortes cada minuto. En España, 1.755 persoas faleceron en 2019 e 8.613 persoas requiriron hospitalización. Cifras que deixan no noso país una media diaria de 5 falecementos e 36 feridos.

Despliegue en las principales entradas y salidas de la ciudad a lo largo del fin de semana

Efectivos de la Policía Local y la Guardia Civil de Tráfico iniciaron el sábado una serie de controles en los principales accesos a la ciudad, que se mantendrán todo el fin de semana, para verificar que se cumplen las restricciones de movilidad y, al mismo tiempo, detectar conductores que no estén en condiciones de manejar un volante.

Comentarios