Etiqueta Negra triunfa coa súa 'carta' gourmet

A feira de produtos galegos colleita outra xornada de éxito, marcada por unha elevada asistencia de público
Javi Etiqueta Negra. Recinto Feiral
photo_camera Javi Etiqueta Negra. Recinto Feiral

A cuarta edición da feira do gourmet galego Etiqueta Negra volveu ateigar o Recinto Feiral de profesionais da hostalaría e consumidores particulares interesados en encher as súas despensas de materia prima sen parangón.

O salón viviu varios momentos de cheo completo que, sen dúbida, apuntan cara unha nova edición. As valoracións que levan trascendido son moi positivas, tanto por parte dos expositores como por parte do público, que teñen á súa disposición preto dun cento de stands con produtos gastronómicos e bebidas producidas en Galicia. Ademais, o certame dá a oportunidade de obter información e formación culinaria. A blogueira Lady Compostela abriu a xornada de onte cun taller de cociña saudable, no que os asistentes pudieron aprender a preparar hummus caseiros, ensalada de lentellas con queixo feta, hamburguesa de garavanzos ao curry ou garavanzos especiados ao forno como forma de picoteo saudable.

A programación completouse con obradoiros gastronómicos, degustacións de produtos autonómicos e menús especializados en ingredientes de tempada, como as setas.
Javi Etiqueta Negra. Recinto Feiral

A Organización de Discapacidade Sensorial de Galicia, Xoga, desenvolverá, ás 18.45 horas, un curso de atención a clientes con diversidade sensorial impartido por Raquel González.

 

Esta última xornada da feira permanecerá aberta en horario ininterrompido de 11.00 a 20.00 horas no Recinto Feiral, cunha entrada única de tres euros. Etiqueta Negra está impulsada pola concellaría de Promoción Económica e conta por primeira vez co apoio de Estrella Galicia como patrocinador principal, ademais de Cabreiroá, Deputación de Pontevedra, Eroski, Mel de Galicia e a Mancomunidade do Salnés.

Comentarios