Éxito da tradición e do urbano nas rúas de Pontevedra

Este sábado rematan os ciclos musicais Urbana Pontevedra e Virar a Gaita con dous concertos simultáneos
Concerto de 'Pousos de Area' na praza da Ferraría. RAFA FARIÑA
photo_camera Concerto de 'Pousos de Area' na praza da Ferraría. RAFA FARIÑA

As protagonistasdesta semana na Boa Vila están sendo a música urbana e a tradicional. Dúas propostas diferentes que a programación cultural deste verán está conseguindo mesturar con moi bos resultados por parte do público.

Onte mesmo, a chuvia deu un respiro para que pontevedreses e pontevedresas puideran desfrutar dos espectáculos. Por unha parte, o Mirador de Monteporreiro acolleu no primeiro pase a música urbana de ‘Wighha’ e os graffitis de ‘Pow’. De seguido, foi o turno de ‘L.F.D.T.M.’ e a arte de ‘Asten’. O turno final foi para o popular dúo ‘Verto’ acompañado de ‘Crawler’.

Paralelamente, a praza da Ferraría inundouse de música tradicional galega co concerto da agrupación ‘Pousos da Area’.

Ambas propostas rematan hoxe despois de ter moi boa acollida durante a semana. ‘Urbana Pontevedra’ ofrecerá de novo dous pases en Monteporreiro. O primeiro a cargo dos rapeiros ‘Real la Clika’ e ‘Sedo’. O segundo coa actuación de ‘Flow de Toxo’ e ‘Sax’.

Ao mesmo tempo, ‘Virar a Gaita’ subirá ao escenario da Ferraría a música de ‘Duos Pontes’. O colofón a este programa será a ‘Festa do Demo’ deste domingo. O demo e o seu séquito percorrerán as rúas e prazas para rematar cunha Foliada a cargo de ‘Ghaveta’.

Comentarios