martes. 31.03.2020 |
El tiempo
martes. 31.03.2020
El tiempo

"Explotan os corpos das mulleres a nivel sexual, laboral e reprodutivo"

Rosa Cobo acompañada pola xornalista Natalia Puga. GONZALO GARCÍA
Rosa Cobo acompañada pola xornalista Natalia Puga. GONZALO GARCÍA
A Escola de Igualdade María Vinyals, impulsada pola Deputación, trata a mercantilización do corpo das mulleres con expertas en prostitución, ventres de aluguer ou pornografía

"Rentabilizan os nosos corpos e explótanos a nivel sexual, laboral e reprodutivo", explicaba este mércores Silvia Pérez Freire, doutora en Socioloxía e investigadora en violencia de xénero, que foi ponente na xornada sobre Mercantilización do corpo das mulleres organizada pola Escola de Igualdade María Vinyals. A cita, organizada pola Deputación de Pontevedra, reuniu a expertas que falaron de prostitución, pornografía, trata, ventres de aluguer e violencia contra as mulleres.

A xornada comezou coa conferencia de Rosa Cobo Bedía sobre pornografía e prostitución. A profesora analizou na súa charla como se relacionan entre si o modelo de sexualidade imposto ás mulleres, o capitalismo global, a pornografía, a prostitución, e a alianza entre capitalismo global e prostitución, indicando como as políticas neoliberais produciron un incremento da industria da explotación sexual. Do mesmo xeito, comparou a explotación sexual cunha industria que "funciona dunha forma parecida ao que é unha multinacional".

A seguinte en subir á palestra foi Ángeles Álvarez, que falou sobre a Mercantilizacións reprodutiva do corpo das mulleres. A activista feminista e voceira da Red Estatal contra el Alquiler de Vientres destacou na súa intervención que este feito se trata dun novo fronte na axenda feminista e instou ao Estado a poñer límites e prohibir de forma taxante o alugueiro de mulleres con fins reprodutivos.

Towanda Rebels: "Creemos que este modelo de masculinidad tóxica y hegemónica se puede deconstruir y cambiar"

 

A mañá rematou coa conferencia de Silvia Pérez Freire Desvelando a realidade da acción contra a trata. Na súa intervención, a relatora fixo fincapé en que "a trata sexual se está a configurar como chivo expiatorio da nosa sociedade para seguir sen afrontar o tema da prostitución" e tamén abordou a resposta institucional dende a diversidade dos axentes implicados na súa persecución, atención e sensibilización.

Pérez Freire fixo fincapé en que "o que fai que unha muller vítima de trata permaneza nunha situación de explotación e despois mesmo de prostitución, é porque non se sente suxeito de dereitos. Senten que a explotación sexual é para o que están destinadas porque lles din que é para o único que serven". A relatora expuxo os datos do estudo exploratorio de trata de persoas en Galicia, nos que se amosa que "houbo 1.500 vítimas en dous anos pero só cinco pasaron a procedemento xudicial".

A xornada pechouse coa conferencia de Teresa Lozano e Zua Méndez, Towanda Rebels, que falaron sen prexuízos acerca do Porno e violencia sexual. As dúas integrantes da plataforma de comunicación e expresión feminista centraron a súa intervención na normalización da cultura da violación, da man da industria pornográfica que diariamente atrae a milleiros de nenas e nenos (elas para aprender, eles para masturbarse). Ofreceron tamén unha mensaxe optimista. "Creemos que este modelo de masculinidad tóxica y hegemónica se puede deconstruir y cambiar", explicaron. A xornada rematou coa intervención da presidenta: "Imos cambiar o mundo, cada día sumamos a máis persoas", rematou.

"Explotan os corpos das mulleres a nivel sexual, laboral e...
Comentarios