sábado. 18.09.2021 |
El tiempo
sábado. 18.09.2021
El tiempo

A Facultade Ágora defende que nas urbes entre só o tráfico "necesario"

Os expertos que participaron onte na quinta xornada da Facultade Ágora da Deputación. DP
Os expertos que participaron onte na quinta xornada da Facultade Ágora da Deputación. DP
Un dos retos que plantexa é racionalizar a circulación para a entrega de paquetería

"Xa pouco poden resistir os que se resisten a eliminar o tráfico innecesario das vilas e cidades". Esa foi unha das frases que onte resumiu o quinto seminario da Facultade Ágora que, baixo o epígrafe O tráfico necesario, defendeu que os núcleos urbanos deben deseñarse e organizarse para non estar invadidos polos vehículos a motor e permitir máis usos sociais e económicos, unha tendencia xa defendida e impulsada pola Rede Ágora da Deputación e tamén polas políticas comunitarias, estatais e autonómicas.

No seminario participaron como integrantes do plantel docente para falar desta cuestión o enxeñeiro, asesor e autor de varias publicacións sobre o modelo Pontevedra, Fernando Nebot; a consultora en Transportes e Urbanismo Mercedes Llop; o director Xeral de Protección Cidadá do Concello de Pontevedra e ex xefe da Policía Local Daniel Macenlle; e o técnico de proxectos de mobilidade da Deputación de Pontevedra Jaime Ruibal, que completou a teoría con casos prácticos.

O deputado Uxío Benítez presentou a xornada subliñando a necesidade de desmitificar que nas zonas de preferencia peonil deben estar prohibidos os vehículos a motor. Asegurou que o modelo de recuperación de espazo público que promove a Deputación de Pontevedra, o "Modelo Ágora", ao igual que o "modelo Pontevedra", aposta pola autorización dos coches necesarios para o bo funcionamento das cidades ou as vilas.

"EQUIVOCADOS". Destacou que en moitas ocasións, ao asesorar aos concellos da provincia, estes solicitan zonas 100% peonís, mais subliñou que son peticións "equivocadas". "Hai que aclarar ese concepto confuso. Temos que promover áreas de preferencia peonil, non totalmente peonís. Hai vehículos que teñen que entrar, pero hai que diferenciar moi ben entre o tráfico de paso e axitación, que hai que restrinxir, e o tráfico de destino e de servizos, que debe permitirse", dixo.

Como tráfico necesario nas cidades e vilas referiuse ao dos servizos de emerxencia, as persoas de mobilidade reducida, transporte de vultos, cargas e descargas, mensaxería, garaxes, servizos a hoteis e vehículos autorizados para eventos puntuais.

A Facultade Ágora defende que nas urbes entre só o tráfico "necesario"
Comentarios
ç