Falece a nai de Fernández Lores aos 94 anos

O enterró será este xoves en Vilalonga, de onde era natural
Miguel Anxo Fernández Lores GONZALO GARCÍA
photo_camera Miguel Anxo Fernández Lores GONZALO GARCÍA

Delfina Lores, nai do alcalde de Pontevedra, faleceu este mércores aos 94 anos de idade logo dunha semana ingresada nun hospital da cidade. 

O corpo da nai de Miguel Anxo Fernández Lores foi trasladado ao Tanatorio Gondar, de Vilalonga, onde se celebrou o velorio das 20.00 horas ata as 22.30.

O enterro será este xoves en Vilalonga, de onde era natural.