Sábado. 23.03.2019 |
El tiempo
Sábado. 23.03.2019
El tiempo

Falece Roberto Fernández, cofundador da libraría El Pueblo

Roberto Ferrnández, fillo do fundador da librería El Pueblo, cos actuais propietarios: José Manuel Vázquez, Francisco Soage e Víctor Manuel Villaverde. ALBA SOTELO (ARQUIVO)
Roberto Ferrnández, fillo do fundador da librería El Pueblo, cos actuais propietarios: José Manuel Vázquez, Francisco Soage e Víctor Manuel Villaverde. ALBA SOTELO (ARQUIVO)

O libreiro, retirado desde o 2002, falecía este lunes en Pontevedra

Neto do fundador da imprenta El Pueblo e impulsor, xunto ao seu pai, da libraría do mesmo nome situada no baixo do número 1 da rúa San Román, Roberto Fernández, que cumpriu xunto á súa familia o soño de abrir unha libraría en 1974, falecía este luns en Pontevedra.

Aínda que deixara de exercer de libreiro en 2002 pola súa xubilación, Roberto Fernández aseguraba que o seu era un oficio "marabilloso" e recordaba nunha reportaxe de Diario de Pontevedra os inicios do negocio que impulsou xunto ao seu pai. El Pueblo é hoxe un establecemento rexentado por familiares do pontevedrés. 

Fernández abriu este establecemento vencellado á imprenta do seu avó pero en 1982, tras o falecemento do seu pai, desvinculouse dese negocio e centrouse na libraría. En 1994 ampliou a tenda abrindo un novo local no número 7 da mesma rúa. Este espazo está adicado á literatura infantil e xuvenil e mantense aberto aínda a día de hoxe baixo a xerencia dos novos titulares da empresa, Víctor Manuel Villaverde, José Manuel Vázquez e Francisco Soage.

En declaracións a este periódico, Roberto Fernández recordaba a variedade de obras da literatura galega das que dispuña o establecemento e o control sobre algunhas delas, como os álbums de Castelao Galicia Mártir ou Atila en Galicia, nos primeiros anos.

Falece Roberto Fernández, cofundador da libraría El Pueblo
Comentarios