sábado. 15.08.2020 |
El tiempo
sábado. 15.08.2020
El tiempo

Feijóo pide o voto en Pontevedra "para a seguridade de Galicia"

Feijóo, en Pontevedra. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Feijóo, en Pontevedra. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
O presidente da Xunta pecha a campaña electoral na Boa Vila chamando á "participación do electorado" fronte ao "medo a ir votar" que se quere impor "dende algúns partidos da oposición"

En torno ás doce do mediodía, o presidente da Xunta de Galicia e candidato a reelección, Alberto Núñez Feijóó, chegaba á Boa Vila para pedir o voto, por derradeira vez nestes comicios, aos pontevedreses e pontevedresas. No que foi o seu último acto de campaña na cidade do Lérez, Feijóó alentou á "participación" fronte "ao medo a votar que quere impor a oposición", remarcando "a seguridade e tranquilidade que garante Galicia", dende o punto de vista da pandemia.

A breve comparecencia, que tivo lugar nas escaleiras da Praza de Ourense, formou parte do circuíto que o presidente da Xunta fixo este venres polas sete principais cidades galegas, cun único obxetivo: "Chamar ás urnas para dotar a Galicia dun goberno de seguridade e experiencia ".

O candidato do Partido Popular afirmou que esta foi a lexislatura na que máis diñeiro se investiu en Pontevedra "coa rehabilitación do edifico de Benito Corbal, a Ponte da Barca e a construción da Ponte das Correntes", proxectos cofinanciados polo Concello e a Xunta. Ademais, animou aos pontevedreses a seguir apoiando as súas propostas "para completar proxectos como a estación intermodal e o Gran Montecelo" que segundo indicou, "será o mellor hospital de Galicia".

Núñez Feijóó, que deu un paseo polo centro da cidade parando a refrescarse nun bar da Boa Vila, estivo acompañado, en todo o momento, polos candidatos dous e tres da lista provincial, Lupe Murillo e Alfonso Rueda, o portavoz municipal do PP, Rafa Domínguez, e a exministra de Sanidade, Ana Pastor, que non quixeron perder o acto. O momento anédotico chegou ao remate da comparecencia, cando as campás do convento de San Francisco comezaron a soar. "Son bos augurios", sinalou Feijóo.

PANDEMIA. Ao ser preguntado polo rebrote de coronavirus na Mariña, Feijóo insistiu en que "Galicia é un dos territorios máis seguros de España, coa menor taxa de mortes por contaxios", e remarcou que "asinaría por ter a mesma situación sanitaria de aquí aos próximos anos".

Ademais, o líder do PPdeG puxo de exemplo a "vida e o ocio que, con responsabilidade, echen as rúas de Pontevedra", asegurando que os colexios electorais "son iguais de seguros que calqueira cafetería". "Só pido aos galegos 15 minutos do seu tempo para votar", concluíu.

Feijóo pide o voto en Pontevedra "para a seguridade de Galicia"
Comentarios