A Feira Franca acollerá 250 xantares de particulares e 150 mesas de hostalaría

Recibíronse 152 propostas para participar no mercado, tanto de artesáns como de alimentación

Un momento da Feira Franca do ano pasado. DP
photo_camera Un momento da Feira Franca do ano pasado. DP

A Oficina da Feira Franca pechou o luns o prazo para a recepción das solicitudes de particulares e empresas para participar na vindeira edición do 6 e 7 de setembro.

Segundo os datos que obran no departamento, recibíronse 152 propostas para participar no mercado (tanto de artesáns como de alimentación), 250 solicitudes de particulares para xantares e ceas, e 150 peticións da hostalería do ámbito de celebración da Feira Franca.

A Oficina, situada no edificio municipal de Alfonso XIII, permanecerá aberta de 10 a 14 horas, durante os vindeiros días para atender as propostas das persoas que participen na Feira.

Nesta edición da festa, o Consello Aberto da Feira Franca decidiu aproveitar o 20 aniversario desta emblemática cita na cidade para elixir como temática a propia Feira Franca. Con esta decisión preténdese homenaxear a todos os participantes, como asociacións ou particulares, que durante estes 20 anos converteron a Feira nunha das citas máis significativas do verán galego.

Comentarios