Jueves. 27.06.2019 |
El tiempo
Jueves. 27.06.2019
El tiempo

A Feira Franca homenaxeará os seus participantes no seu 20 aniversario

Feira Francia de 2018. GONZALO GARCÍA
Feira Francia de 2018. GONZALO GARCÍA

Os organizadores recuperarán espectáculos, actividades e elementos que encheron de animación e vida o recinto da feira as últimas dúas décadas

A Feira Franca, que se celebrará os vindeiros 6 e 7 de setembro, rendirá homenaxe no seu 20 aniversario a todos os participantes (asociacións, entidades, clubs, particulares, hostalería…) que durante as últimas dúas décadas veñen facendo do evento unha das citas inescusables das festas do verán galego. O Concello de Pontevedra recuperará elementos, espectáculos e actividades que se foron realizando durante todos estes anos, co obxectivo de recoñecer o labor das ducias de persoas que participan activamente para que a cidade volva á Idade Media durante unha xornada e media.

O Concello abrirá este venres, 14 de xuño, a oficina da festa no edificio municipal de Alfonso XIII (o antigo conservatorio), que canalizará todas as peticións da hostalería, particulares e artesáns para participar nas dúas xornadas da Feira Franca, xa sexa montando mesas para celebrar ceas e xantares ou no mercado medieval. Estará aberta de 10.00 a 14.00 horas de luns a venres, até o vindeiro 15 de xullo.

As inscricións poden ser presenciais ou a través da páxina web da Feira Franca feirafranca.pontevedra.gal
 

A Feira Franca homenaxeará os seus participantes no seu 20 aniversario
Comentarios