O feminismo pontevedrés convoca unha manifestación contra a violencia machista o 25-N

O Centro Social O Quilombo, xunto con Galiza Nova e o Colectivo Feminista de Pontevedra, fan un chamamento ás mulleres a mobilizarse na rúa o vindeiro luns, ás 20.30 horas, dende a Praza da Peregrina.

 

Cartel feminista nunha concentración. DP
photo_camera Cartel feminista nunha concentración. DP

'Contra o patriarcado e capital feminismo organizado'. É o lema baixo o que O Quilombo convoca unha manifestación polas rúas de Pontevedra o vindeiro luns, 25 de novembro.  As organizacións fixeron un chamamento a mobilizarse nun percorrido a pé que pretende reunir a movementos sociais para esixir solucións a todos os tipos de violencia contra as mulleres. A manifestación partirá ás 20.30 horas da Praza da Peregrina e percorrerá as rúas Blanco Porto para volver por Benito Corbal, baixar por Cobian Rofignac, entrar na zona vella por Sarmiento e subir pola Praza da Leña até chegar á Peregrina de novo.

Ademais, a cidade acollerá outros actos de protesta, como unha performance do Colectivo Feminista de Pontevedra, que terá lugar o vindeiro sábado (19.00 horas) na Praza da Peregrina. No acto, as activistas representarán a morte da 'xustiza española' e animan á cidadanía acudir a "berrar polas asasinadas en 2019, as mulleres prostituídas, as violadas, as maltratadas ou as mulleres empregadas como ventre de alugueiro". 

Comentarios