Un conductor, ferido grave tras bater contra unha casa e caer por un terraplén

O sinistro produciuse arredor das 6.45 horas
El coche que se empotró contra una casa en Salcedo. CRTVG
photo_camera El coche que se empotró contra una casa en Salcedo. CRTVG

Un condutor resultou ferido grave e precisou a axuda dos servizos de emerxencia despois de sufrir unha aparatosa saída de vía mentres circulaba co seu turismo pola N-550, ao seu paso por Pontevedra.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 6.45 horas deste sábado. Segundo a información facilitada aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE), os servizos sanitarios necesitaban apoio para trasladar ao paciente debido a que o vehículo rematou nun terraplén. Ao parecer, saíuse nunha rotonda, chocou contra unha casa e acabou caendo desde unha altura de catro metros.

Tras ser avisados polo 112 Galicia, os Bombeiros de Pontevedra acudiron ao lugar do accidente e colaboraron cos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 na evacuación da persoa ferida.

demais, tamén foron informados os axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local e persoal de mantemento das estradas.