Un ferido en Cerponzóns nunha colisión entre tres vehículos

O accidente produciuse no lugar de San Caetano

Unha persoa resultou ferida en Pontevedra nun accidente de tráfico no que se viron implicados tres vehículos.

A colisión produciuse no lugar de San Caetano, na parroquia de Cerponzóns, ao fío das 13.30 horas deste xoves, segundo informa o 112.

Un particular deu o aviso a central de urxencias que puxo a situación en coñecemento do 061, Protección Civil, Policía Local, Garda Civil de Tráfico e Bombeiros de Pontevedra.