Un ferido leve no incendio dunha cafetería na rúa Alejandro de la Sota

Foi sufocado pola propietaria e por dous empregados foi necesaria a presenza dunha dotación de Bombeiros para controlar os restos incandescentes e baleirar de fume o interior
Hospital Montecelo. ADP
photo_camera O ferido foi trasladado a Montecelo. ADP

Na noite deste xoves, sobre as 23 horas, foi sufocado un incendio no interior da cafetaría Blanco y Negro, sita na rúa Arquitecto Alejandro de la Sota. Segundo consta no informe da Policía Local, o lume produciuse no interior do local hostaleiro, concretamente na cociña, e aínda que foi sufocado pola propietaria e por dous empregados foi necesaria a presenza dunha dotación de Bombeiros para controlar os restos incandescentes e baleirar de fume o interior do local e o portal do edificio anexo. 

Ademais da Policía Local e Bombeiros, ao lugar do suceso tamén se desprazou unha ambulancia para proceder á valorar as feridas que presentaba nas mans un dos empregados do local, que posteriormente foi evacuado ao hospital Montecelo con pronóstico leve.