Tres feridos nun accidente múltiple en Pontevedra no que ardeu unha furgoneta

Os bombeiros tiveron que intervir para sufocar as lapas ►O sinistro produciuse na PO-542, á altura de Marcón

Os servizos de emerxencia, ante o vehículo que ardeu. GUARDIA CIVIL PONTEVEDRA - Accidente en Marcón
photo_camera Os servizos de emerxencia, ante o vehículo que ardeu. GUARDIA CIVIL PONTEVEDRA

Tres persoas resultaron feridas nun accidente múltiple ocorrido este luns na PO-542, no municipio de Pontevedra, á altura de Marcón. Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron aos feridos ao Hospital Montecelo..

Ademais, unha furgoneta implicada no sinistro ardeu por completo, o que obrigou a intervir aos Bombeiros de Pontevedra para sufocar o incendio.

Foron varios os condutores os que se puxeron en contacto co 112 Galicia ás 7.30 horas para informar dun accidente con tres vehículos implicados, dos cales un estaba en chamas.

Foron avisados os efectivos do parque de Pontevedra co fin de atallar as lapas que devoraron por completo o vehículo.

Pola súa banda, o equipo do 061-Urxencias Sanitarias trasladado ao lugar do accidente atendeu a tres persoas que presentaban lesións de diversa consideración. Trátase de tres homes de 31, 35 e 37 anos, segundo informa Europa Press. 

Do mesmo xeito, foi necesaria a mobilización do persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas para a retirada dos danos provocados polo impacto e para restablecer as condicións de seguridade na vía.