Esta fin de semana volve o programa de lecer infantil O Ganapán, unha proposta de actividades pensada para os nenos e nenas máis larpeiros e creativos.
A iniciativa, impulsada pola concellería de Promoción Económica e Turismo, contempla obradoiros de cociña nos que a imaxinación e as manualidades serán as principais protagonistas.
Os talleres levaranse a cabo en dúas sesións, ás 11.00 e as 12.30 horas, e todos os que queiran participar deben inscribirse no correo [email protected] antes do venres ás 16.00 horas.
Entre as actividades que se realizarán o sábado salienta a elaboración dun biscoito marmolado, que fusiona chocolate e vainilla, e uns polbos xoguetóns a base de vasos e tarrinas de cartón.
A edil Yoya Blanco, como responsable da concellería organizadora, explica que o domingo 20 de marzo está previsto un taller no que a rapazada terá oportunidade de elaborar unhas chocobombs ou esferas recheas de chocolate e outro no que poderán crear uns foguetes espaciais para viaxar entre constelacións, planetas e cometas".