"Por fin Treixadura pode volver endulzar Pontevedra"

Xunto co Coro Cantigas e Agarimos, Rodrigo Romaní e a Banda de Música de Pontevedra fixeron un percorrido pola música tradicional
Un momento do concerto de Treixadura. RAFA FARIÑA
photo_camera Un momento do concerto de Treixadura. RAFA FARIÑA

O ritmo e as melodías tradicionais encheron a Praza de España coa nota musical do grupo Treixadura acompañados polo Coro Cantigas e Agarimos, Rodrigo Romaní e a Banda de Música de Pontevedra. Xuntos fixeron un percorrido pola tradición oral de Galicia no que os artistas agradeceron a volta do galego ás festas da cidade. Nunha Praza de España abarrotada, os asistentes gozaron e cantaron os temas máis famosos da música tradicional galega.

O mítico grupo de Redondela chegou á Boa Vila para presentar o seu novo disco, Camiño Longo, publicado este ano tras adiarse pola pandemia. O novo traballo de Milladoiro amosou un espectáculo musical sorprendente no que a música tradicional foi observada dende dúas concepcións arraigadas: o canto e a gaita. Con máis de 30 anos de andaina, a formación misturou as melodías dos seus inicios para descubrir como lles acaeu a madurez e a experiencia aos temas máis emblemáticos.

O público de todas as idades que abarrotou a Praza de España. RAFA FARIÑA
O público de todas as idades que abarrotou a Praza de España. RAFA FARIÑA

O acompañamento musical foi de categoría. Por unha banda, os composteláns Cantigas e Agarimos, con máis de 100 anos de historia, puxeron os pelos de punta co seu canto coral misturado co canto tradicional. Adicados á promoción do baile e da música popular, teñen un claro compromiso coa difusión da tradición galega.

Por outra banda, o vocalista e multi-instrumentalista Rodrigo Romaní, membro do grupo Milladoiro durante 22 anos, ofreceu durante o concerto unha demostración da súa ampla traxectoria musical.

Finalmente a Banda de Música de Pontevedra ofreceu un directo digno dos mellores músicos que, xunto con Treixadura, deron mostra da súa profesionalidade.

Comentarios