Fisioterapia e Enfermería, sexta e sétima titulación pechadas no campus de Pontevedra

▶ Os dous graos súmanse a Ciencias do deporte, Comunicación audiovisual, Publicidade e rr PP e Educación Infantil e Primaria
 
Probas da Selectividade en Pontevedra. DAVID FREIRE
photo_camera Probas da Selectividade en Pontevedra. DAVID FREIRE

Enfermería e Fisioterapia convertéronse na sexta e sétima titulacións do campus de Pontevedra en pechar a súa matrícula, segundo informou onte a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG).

As notas de corte o último alumno admitido para o curso 2019-2020 son, respectivamente, de 9,879 e 10.

Súmanse, deste xeito aos graos que xa pecharan as súas portas nos tres primeiros chamamentos, no mes de xullo. Trátase de Ciencias da Actividade Física e do Deporte, cunha nota de corte de 8,500; Comunicación Audiovisual (9,206), Educación Infantil (8,170), Educación Primaria (8,720) e Publicidade e Relacións Públicas (8,372).

Enfermería e Fisioterapia súmanse aos graos de Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Comunicación Audiovisual, Educación Infantil, Educación Primaria e  Publicidade e Relacións Públicas

O cuarto prazo de matrícula estará aberto desde o mércores ata as 14.00 horas do venres 23 de agosto. Están convocados o alumnado da ABAU, titulados de FP, mairoes de 25 anos, estranxeiros de países non membros da UE, deportistas de alto nivel e estudiantes con discapacidade preinscritos en xuño. Tamén será o primeiro prazo para titulados universitarios.

En total, xa completaron a inscrición no primeiro curso 92 dos máis de 160 graos que ofertan as tres universidades galegas. Deste xeito, os estudantes que aprobaron a ABAU na convocatoria extraordinaria de xullo só poderán elixir entre 70 titulacións.

VACANTES. En Pontevedra aínda terán oportunidade de lograr unha vacante en Belas Artes, Enxeñería Forestal e Dirección e Xestión Pública, tanto na modalidade presencial como na semipresencial.

A quinta listaxe de admitidos e de agarda, na que se incorporará o estudantado que superou a ABAU en xullo, publicarase o vindeiro 27 de agosto e o prazo de matrícula será entre os días 28 e 30. Aínda haberá dúas listaxes máis: a sexta, o 3 de setembro, e a sétima, o día 10, coincidindo co inicio do novo curso.

Comentarios