Os fogos artificiais da Peregrina serán a diario e en lugares sorpresa

Os espectáculos pirotécnicos durarán sete minutos, desde as doce da noite, e realizaranse en diferentes localizacións da cidade
Unha tirada de fogos de artificio nas Festas da Peregrina do ano 2019. DAVID FREIRE
photo_camera Unha tirada de fogos de artificio nas Festas da Peregrina do ano 2019. DAVID FREIRE

A concelleira de Festas, Carme da Silva, anunciou que nesta edición das Festas da Peregrina 2020 haberá unha tirada de fogos de artificio cada día. Os espectáculos pirotécnicos , que reducen a súa habitual duración de 15 minutos a un total de sete, serán en "ubicacións sorpresa" e en distintos barrios da cidade.

A idea nace da necesidade de evitar aglomeracións, pois, en palabras da concelleira, "os fogos sempre aglutinaron a un número moi elevado de persoas, algo que este ano volvese inviable por mor da pandemia". A decisión de non revelar o emprazamento das tiradas, explica, a súa vez, a non inclusión destes espectáculos de luz e cor na programación de verán.

Do mesmo xeito, Da Silva, quiso salientar o bo funcionamento de todos os ciclos lúdico-culturais que o Concello de Pontevedra puxo en marcha dentro do programa festivo Pontevedra Vívese!. "A oferta de actividades simultáneas demostrou ser unha alternativa viable para a celebración dunhas festas sen aglomeracións", indicou. Ademais, a concelleira alabou "o comportamento exemplar" da cidadanía, "respetando, en todo momento, as normas de aforo e hixene implantadas en cada actuación, para garantir a seguridade sanitaria".

'BARULLADA DE ROCK'. O programa de festas Pontevedra Vívese! estrea este xoves un novo ciclo musical adicado ás corrente máis rockeiras: Barullada de Rock.

Para os amantes do rock and roll a nova proposta traerá a Boa Vila un total de dez agrupacións musicais pontevedresas e da comunidade galega, que actuarán tanto en horario de mañá coma de tarde en cinco escenarios diferentes: a Alameda, a Praza de Barcelos, as pistas de Campolongo, a Praza da Ferrería, e a Praza do Concello.