Fóra das catro paredes

A progresiva recuperación da normalidade permite aos escolares realizar actividades como as do programa Laboratorio da Infancia
Máis dunha vintena de escolares de 6º de Primaria do CEIP Cabanas participou este martes nunha actividade de escalada no rocódromo do pavillón da Xunqueira. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Máis dunha vintena de escolares de 6º de Primaria do CEIP Cabanas participou este martes nunha actividade de escalada no rocódromo do pavillón da Xunqueira. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Foron longos meses de confinamento, de aulas a través da pantalla, de clases marcadas por un estrito protocolo... Pero agora, que se albisca a volta da normalidade, tamén os escolares empezan a ver a luz. Desde o inicio do curso, moi pouco a pouco, empezan a verse ringleiras de crianzas polas rúas, de camiño a un espazo natural ou a un museo, porque a escola non debe cinguirse á actividade entre catro paredes e un patio dividido en cuadrículas.

Nesta nova normalidade encádranse tamén os talleres do proxecto Laboratorio da Infancia, impulsado pola Concellería de Educación con financiamento europeo, que están centrados nas materias de educación e concienciación medioambiental, prácticas deportivas, sustentabilidade, economía circular e vida saudable.

Pavillon Multiusos da Xunqueira_ taller de escalada organizado no marco do proxecto Laboratorio da Infancia_ coa participacion de 22 alumnos de 6_ curso do CEIP Cabanas

Este martes foi a quenda do alumnado de 6º de Primaria do CEIP de Cabanas (Salcedo), que acudiu ao Pavillón Multiúsos da Xunqueira para asistir a un obradoiro de escalada, impartido pola empresa Marexada. Este taller forma parte dun cronograma de actividades iniciado a principios de mes no que tamén se inclúen unha saída por un treito do Camiño Portugués na parroquia de Tomeza e tres observatorios de aves nas Marismas de Alba, así como outro obradoiro de escalada.

Pavillon Multiusos da Xunqueira_ taller de escalada organizado no marco do proxecto Laboratorio da Infancia_ coa participacion de 22 alumnos de 6_ curso do CEIP CabanasA empresa adxudicataria xa recolleu unhas 70 solicitudes de centros educativos para participar nas actividades ofertadas para este curso, das que 20 xa están pechadas para desenvolverse en novembro e decembro, subliñou o edil Tino Fernández. "Pero continuará o resto do curso, está sendo un éxito rotundo", engade o coordinador das actividades de Marexada, Marcos Gómez.

"Os nenos teñen ganas de saír despois da pandemia, de estar na natureza, xuntarse e pasalo ben, gozando do aire libre", subliña. Ata o momento planificaronse xa "125 excursións para máis dunha vintena de centros do municipio" destinadas ao alumnado de Primaria. "Tamén haberá saídas a miradoiros e algunha náutica, tanto no Lérez como no encoro do Pontillón". O obxectivo é "ensinarlles aos nenos e nenas toda a contorna natural de aquí para que se animen a coñecela pola súa parte". Apunta tamén que as crianzas "están afeitas aos móbiles, a estar na casa, pero precisamos que coñezan montes recuperados e que os poñan en valor".

O titor do grupo de Cabanas, Juan Fraga, coincide en que "había ganas, despois do ano pasado, que non saímos do centro", pese a que "teñen máis capacidade de adaptación que os adultos".

Pavillon Multiusos da Xunqueira_ taller de escalada organizado no marco do proxecto Laboratorio da Infancia_ coa participacion de 22 alumnos de 6_ curso do CEIP Cabanas

O programa de actividades deseñado terá continuidade este mércores cun observatorio de aves nas Marismas de Alba no que participarán 14 alumnos de 2º curso do CEIP Plurilingüe Froebel. Esta primeira quenda pecharase este xoves con outro observatorio de aves que realizarán 22 nenos de 2º curso do CEIP San Martiño. Marexada continúa a efectuar chamadas aos centros para pechar datas e facilitar os formularios de inscrición a aqueles colexios que non os cubriron.

O programa oferta tamén, por exemplo, o a visita ao Parque Etnográfico das Cabanas Prehistóricas de Outeiro das Mouras (Salcedo) ou o Roteiro dos Segredos de Ponte Sampaio.

Comentarios