martes. 11.08.2020 |
El tiempo
martes. 11.08.2020
El tiempo

PontEmprende regresa en formato webinar sobre marketing dixital, neuromarketing ou finanzas

Relatores do PonteEmprende
Relatores do PonteEmprende
O proxecto formativo, impulsado pola concellería de Promoción Económica desenvolverase entre o 20 de xullo e o 6 de agosto

 A segunda edición do Foro PontEmprende transformouse a raíz da Covid-19 para converterse temporalmente nun proxecto formativo online mediante vídeo-conferencias (webinars) que conectarán ao 100% coas necesidades reais de autónomos e pemes no mercado actual.

Trátase dun espazo de encontro virtual entre emprendedores e expertos formadores e profesionais experimentados en diversas áreas do emprendemento, coa fin de dar unha base firme para entender a dimensión dos cambios que se produxeron e potenciar unha actitude de reacción inmediata para favorecer ao comercio local e ás pequenas empresas da nosa contorna.

Os relatores veñen de áreas tan diversas como o marketing dixital, o neuromarketing e intelixencia comercial, a intelixencia emocional, as finanzas, a asesoría de empresas ou a formación, tocando temas de moita actualidade para os emprendedores e comerciantes, coa fin de achandarlle o camiño que teñen agora por diante e axudar a facer os seus negocios mais competitivos e viables.

PontEmprende vaise desenvolver desde o luns 20 de xullo ata o xoves 6 de agosto con vídeo-conferencias diarias (de luns a venres), en horario de 15:30 a 16:30 horas. As persoas que non poidan asistir nas datas e horarios previstos, terán a oportunidade de ver estes webinars en diferido, dado que se gravarán e se publicarán na plataforma E-ponte, que está actualmente en proceso de construción.

Este programa de relanzamento empresarial está impulsado polo Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Promoción Económica e Turismo, que dirixe a socialista Yoya Blanco, polo que os relatorios que se ofrecen son totalmente gratuítos para autónomos, pemes e futuros emprendedores (que deberán inscribirse con antelación a través do teléfono 986 86 39 49 ou por whatsapp no 619 217 218).

Programa
 
  •  Luns 20 de xullo. MANUEL CONDE: Empeza por trans-formarte. Fortaleza Emocional para emprendedores en tempos de crise.
  • Martes 21 de xullo. FERNANDO S. SALINERO: Comprender o cambio e aproveitar o cambio.
  • Mércores 22 de xullo. JAIME BARRIERO: A mellor idea, se non vende, nace morta.
  • Xoves 23 de xullo. SILVIA GUINART: Principios básicos de Neuromarketing.
  • Venres 24 de xullo. DAVID IGLESIAS: O que atende e entende... Máis vende!
  • Luns 27 de xullo. PEPE CABELLO: As 10 mellores habilidades dos emprendedores de éxito.
  • Martes 28 de xullo. JOSUÉ GADEA: Aprendendo a vender por valor, non por prezo.
  • Mércores 29 de xullo. CARMEN LAFUENTE: Intelixencia financeira nas empresas.
  • Xoves 30 de xullo. ROBERTO PÉREZ MARIJUÁN: Deixa de vender, consegue que che compren. Fundamentos probados de Neuromarketing.
  • Venres 31 de xullo. EDUARDO MÉNDEZ: Comunicación emocional consciente. Cara a unha venda eficaz.
  • Luns 3 de agosto. DIEGO PALOMARES: A creatividade empresarial para o comercio.
  • * Martes 4 de agosto. Mª CARMEN FUENTES: Emprendemento e financiamento
  • * Mércores 5 de agosto. JAVIER RIVAS: Xestión do tempo para aumentar resultados.
  • * Xoves 6 de agosto. PEPE CABELLO: Claves para aumentar resultados.

PontEmprende regresa en formato webinar sobre marketing dixital,...
Comentarios