Fotos a pé de rúa

Alegría Campos monta unha exposición efémera nas rúas Sarmiento e Don Gonzalo como proxecto de fin de curso da materia "Xestión no ámbito artístico" de Belas Artes

A estudante de Belas Artes Alegría Campos colocando as fotos da mostra o xoves pola tarde JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera A estudante de Belas Artes Alegría Campos colocando as fotos da mostra o xoves pola tarde JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Exposición de fotos, a pé de rúa, e só por unha tarde. Foi a proposta que realizou a estudante de cuarto curso de Belas Artes Alegría Campos (Madrid, 1996) para a materia do grao "Xestión no ámbito artístico". As protagonistas da mostra, as fotografías dun compañeiro de facultade, Guillermo Robles.

"Se trata del proyecto final de una de las asignaturas del grado", conta Alegría Campos, que colocou as fotos o xoves pola tarde e as retirou á noitiña. "La intención era montar y desmontar las fotos en las paredes de la calle Sarmiento, pero el viento que hacía en ese momento nos impidió colocarlas correctamente y hubo que hacer un cambio de ubicación". Finalmente, as fotos colocáronse nun muro da rúa Don Gonzalo.

"El ejercicio para clase consistía en ejercer como comisaria de una exposición", explica a estudante, que comenta que esa materia se centra na relación co mercado da arte. "En vez de optar por realizar la muestra en un espacio convencional, cerrado, al que la gente tiene que ir, decidí montar algo directamente para el público, en la calle. La idea era que le llegara de una forma directa".

FACETAS. A artista conta que elixíu o traballo de Guillermo Robles, "porque me encanta". Segundo di, "es un creador curioso, que desarrolla múltiples facetas, como músico, como pintor, como fotógrafo...". A súa sensibilidade á hora de fotografar o que o rodea e forma parte da súa vida conecta cos intereses da comisaria. De aí, a súa elección. "Es un chico que consigue que todo lo que toca se convierta en arte".

Comentarios