Miércoles. 26.06.2019 |
El tiempo
Miércoles. 26.06.2019
El tiempo

Francisco Barbeito e o CRE da Once, premios Cidade de Pontevedra 2018

Francisco Barbeito e o CRE da Once. (DP)
Francisco Barbeito e o CRE da Once. (DP)

O fundador de Cristalería Pontevedresa, en calidade de persoa física, e a institución de axuda a persoas con discapacidade, escollidos polo xurado dos galardóns

O fundador de Cristalería Pontevedresa, Francisco Barbeito, e o Centro de Recursos Educativos da Once acaban de ser proclamados premios Cidade de Pontevedra 2018. Así o decidiu o xurado nunha deliberación que tivo lugar esta mañá no Concello de Pontevedra. 

A traxectoria empresarial do primeiro e o labor sical do segundo foron factores fundamentais para recoñecer o traballo de ambos os dous galardonados, que recibirán unha homenaxe pública nun Pleno que se celebrará o vindeiro luns, 21 de xaneiro, un día despois da celebración de San Sebastián. O recoñecemento á Once coincide coa celebración dos 75 anos da institución na Boa Vila, mentres que a Barbeito se lle recoñece o mérito de fundar unha empresa de orixe pontevedresa con presenza en numerosos países.

Francisco Barbeito e o CRE da Once, premios Cidade de Pontevedra 2018
Comentarios