A Fundación Manuel Moldes ocupará o último andar do edificio da Xunta en Benito Corbal

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presentaron o proxecto acompañados pola viúva do artista

JAVI (( AGN )) VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA     PONTEVEDRA  11,00h.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e polo delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, participará na presentación do espazo dedicado á exposición permanente de Manuel Moldes no edificio da Xunta de Galicia en Benito Corbal. Na segunda planta da sede (Benito Corbal, 47).
photo_camera JAVI (( AGN )) VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA PONTEVEDRA 11,00h.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e polo delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, participará na presentación do espazo dedicado á exposición permanente de Manuel Moldes no edificio da Xunta de Galicia en Benito Corbal. Na segunda planta da sede (Benito Corbal, 47).

O primeiro paso para a creación da Fundación Manuel Moldes está dado. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, acompañados por membros da familia do artista pontevedrés e por mestres da Facultade de Belas Artes anunciaron que o último andar do edificio da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal, recén reformado, será a súa sede.

Segundo explicou Rueda, a intención é que a Fundación estea funcionando o ano que vén. O conselleiro indicou que se están dando os primeiros pasos para a constitución da Fundación e que a Xunta asumirá os 250.000 euros que custará reformar ese andar para adaptalo ao que, con toda probabilidade, será un espazo que acollerá unha exposición permanente do artista

Comentarios