O futuro vial a Monte Porreiro recibe ofertas de 16 empresas

A Mesa de Contratación do Concello efectuará este martes, día 8, a apertura dos sobre coas propostas
El nuevo acceso a Monte Porreiro creará una especie de plaza en el barrio de Os Campos. DEPUTACIÓN
photo_camera O novo acceso a Monte Porreiro creará unha especie de praza no barrio dos Campos. DEPUTACIÓN

O Concello de Pontevedra recibiu 16 ofertas para executar as obras do novo vial de Monte Porreiro. Tras o remate do prazo de presentación de ofertas, está prevista que se realice a apertura de sobres na Mesa de Contratación, que terá lugar este martes, día 8, de cara a continuar co proceso de contratación. 

As ofertas recibidas corresponden ás seguintes empresas e UTE: Civis Global; Elsamex; Covsa; Obras, reformas y saneamientos; Excavaciones y transportes Ivanca; UTE Audeca - Narón; Construcciones Fechi; Construcciones Cernadas; Construcciones Ramírez; Construcciones Caldebergazo; Ogmios Proyectos; Hordescuou; Nexia Estructuras; UTE Prace Servicios y Obras + Construcciones Ramón Vázquez y Reino; E.C. Casas e UTE Emergis Construcción + Construcciones Alea. 

Hai que lembrar que o inicio do procedemento de contratación deste vial foi aprobado en Xunta de goberno o pasado mes de setembro e que, unha vez axudicado, terá un prazo de execución de nove meses. 

Este vial, de 605 metros, terá dous carrís de tráfico, de 2,5 metros de ancho cada un, e unha beirarúa ao carón das vivendas cun mínimo de 1,5 metros. Incluirá os parámetros de calmado de tráfico (fundamentalmente lombos) e de vía urbana con preferencia da mobilidade peonil. 

O proxecto inclúe un tratamento específico para a zona dos Campos, onde a actual zona de cruzamento convertirase nunha gran praza pública, ordenando o espazo e integrando zonas verdes. 

Coa obra tamén se mellorará a circulación por Beiramar, reducindo o paso de vehículos e, polo tanto, a contaminación a carón do río Lérez. 

A actuación contará cun orzamento total de 1.137.280,50 euros, dos que la Deputación aporta o 70% e o Concello o 30% restante e a cuantía das expropiacions. 

O convenio de colaboración asinado por ambas administracións prevé que Pontevedra asuma a titularidade do novo vial de acceso a Monte Porreiro cando rematen as obras de construcción, que contan cun prazo de execución de nove meses. 

Comentarios