A Galiña Azul recupera as aulas afectadas pola chuvia grazas á cobertura provisional

Domínguez di que a Xunta tería que suspender as clases se o Concello non toma "ninguna medida seria" e Castro respóndelle que chega tarde
Operarios traballando no tellado do centro o pasado luns para colocar a cobertura provisional. RAFA FARIÑA
photo_camera Operarios traballando no tellado do centro o pasado luns para colocar a cobertura provisional. RAFA FARIÑA

A Galiña Azul da Parda roza a normalidade despois de que o Concello executase o pasado luns unha actuación urxente e provisional para impedir que seguise chovendo dentro do edificio, un feito que inutilizou dúas aulas por pingueiras e desprendementos do falso teito. A colocación dunha lámina de caucho de etileno propileno dieno serviu para evitar que a auga siga entrando no inmoble.

Así o explicaron este mércores fontes da escola infantil, que confirmaron que o alumnado xa volveu ás súas aulas correspondentes despois ter sido distribuidos por outros espazos da escola de xeito temporal. "Esta cubierta es provisional, pero mientras no venga unha tormenta o un temporal muy fuerte podemos estar en estas aulas".

O portavoz do PP urxe ao Concello que "se ponga las pilas" e pregunta "por qué hemos tenido que llegar tan lejos para que haga algo"

Dous días despois de ocorrer os feitos, o portavoz do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, valorou a situación e lembrou que o convenio asinado en 2010 entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello establece que é a Administración local a que ten que asumir a conservación e o mantemento do edificio.

"El Consorcio ha puesto desde hace meses en conocimiento del Ayuntamiento la mala situación de la cubierta del edificio", apunta Domínguez, quen relaciona o mal estado da parte superior do inmoble coa existencia de filtracións e pingueiras. "Visto que la situación ha empeorado considerablemente" considera que se trata de "una dejación clara por parte del Concello de Pontevedra, llevando incluso a la gerencia del Consorcio a contactar esta semana directamente con la concejal responsable para urgirle a la reparación inmediata de las deficiencias", como xa foi publicado. "Ha tenido que venir el Consorcio a dar un tirón de orejas al Concello y estos han tomado medidas temporales, nada definitivo".

A edil de Benestar Social ofrécese a explicarlle o proxecto a Domínguez "para que non reclame algo que xa está en marcha"

Así, o voceiro do PP subliña que se a Administración local "no toma ninguna medida seria y a largo plazo que permita el normal funcionamiento de la escuela, el Consorcio se vería en el deber de suspender temporalmente la actividad en las aulas afectadas". Por elo, urxe ao Concello a "ponerse las pilas, escuchar a los padres y dar soluciones responsables de manera inmediata. ¿Por qué hemos tenido que llegar tan lejos para que el Ayuntamiento haga algo?", pregunta.

Pouco tardou en responderlle a concelleira de Benestar Social, Paloma Castro, "absolutamente abraiada" polo feito de que, "días despois de que o Concello aprobase un proxecto para a reparación do teito do edificio, e unha vez de que os técnicos da Oficina Municipal de Arquitectura (OTA) optasen pola elaboración dun informe de emerxencia para darlle unha solución o máis rápida posible ao problema, o voceiro do PP faga o ridículo esixíndolle ao Goberno local que resolva a situación".

A edil lembroulle que xa existe unha proposta sobre a mesa que será tramitada pola vía de emerxencia e que consiste en illar a cuberta cunha chapa galvanizada ou lacada. Castro cre que "quizais houbo un erro de comprensión leitora por parte do popular", xa que "quedou indicado por activa e por pasiva que a lámina impermeabilizante que se instalou nestes días ten un carácter provisorio" e que a Concellería e a OTA realizarán un investimento de case 60.000 euros "para eliminar as pingueiras de xeito definitivo". En todo caso,"por se precisase algunha outra aclaración", a edil do PSOE ofrécese a explicarlle o proxecto a Domínguez "para que se poña ao día no asunto e non reclame algo que xa está marcha".

Castro lembra que o Concello reclamará ante a empresa por vicios ocultos na construcción, xa que houbo unha galvanización deficiente na chapa que cubre o teito e o edificio está en garantía.

Comentarios