sábado. 27.11.2021 |
El tiempo
sábado. 27.11.2021
El tiempo

O Ganapán abre setembro con obradoiros especiais para a volta ao cole

Un participante nun dos obradoiros do Ganapán. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Un participante nun dos obradoiros do Ganapán de agosto. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Os participantes nos obradoiros de lecer infantil organizados pola Concellería de Promoción Económica elaborarán emparedados e petiscos de avea e plátano

O programa municipal O Ganapán abrirá esta fin de semana o mes de setembro no primeiro andar do Mercado de Abastos cuns obradoiros orientados a facer moito máis divertida a inminente volta ao cole e as merendas dos máis pequenos.

Entre as actividades previstas nos talleres de lecer infantil organizados pola Concellería de Promoción Económica e Turismo inclúese a elaboración de nutritivas receitas e a confección de utensilios que serán de grande utilidade neste inicio de curso.

Para o sábado 4 de setembro, dentro do Espazo Gastro, está previsto un obradoiro no que os rapaces aprenderán a facer uns saborosos petiscos de avea e plátano ideais para acabar coa lareca que nos entra a media mañá e ter enerxía todo o día, mentres que, no Espazo Crea, os nenos confeccionarán e personalizarán estoxos para gardar os lapis e as gomas a base de material reciclado.

Segundo explica a concelleira de Promoción Económica, a socialista Yoya Blanco, na xornada do domingo 5 de setembro levarase a cabo "un taller no que a rapazada aprenderá a elaborar uns divertidos emparedados, xa que as merendas non teñen por que ser aburridas, e dado que o novo curso está á volta da esquina, outro no que deseñarán unha bolsa moi especial para levar ao cole as receitas que preparen".

As actividades, destinadas a nenos e nenas de 4 a 10 anos, vanse desenvolver en dúas sesións, que comezarán ás 11:00 e ás 12:30 horas respectivamente, podendo realizarse as inscricións ata ás 16:00 horas do día anterior á súa celebración a través da dirección de correo electrónico [email protected] "Unha vez máis -apunta Yoya Blanco– recomendo a tódolos asistentes que non se esquezan de portar a súa friameira para levar a casa os pratos cociñados".

O Ganapán abre setembro con obradoiros especiais para a volta ao cole
Comentarios
ç