miércoles. 18.05.2022 |
El tiempo
miércoles. 18.05.2022
El tiempo

O Ganapán conmemora a fin de semana o Día das Letras Galegas e o dos museos

Un dos últimos obradoiros do Ganapán. RAFA FARIÑA
Un dos obradoiros do Ganapán. RAFA FARIÑA (ARQUIVO)
O programa, que se desenvolve no mercado de Pontevedra, incluirá talleres de xoiería de letras, de creación de cadros e de elaboración de tortas de requeixo e pirámides de coco e chocolate

O programa de lecer infantil O Ganapán prepárase para conmemorar esta fin de semana dúas datas moi sinaladas no calendario cultural: o Día das Letras Galegas, que se celebra o 17 de maio, e o Día Internacional dos Museos, o 18. As actividades están deseñadas para nenos de 4 a 10 anos e desenvolveranse, coma sempre, no Mercado de Abastos de Pontevedra.

A programación, impulsada pola Concellería de Promoción Económica, arrincará o sábado 14 de maio cun taller no que os rapaces poderán elaborar unha queixada galega e un obradoiro de xoiería de letras, no que os máis pequenos confeccionarán pulseiras con mensaxes e palabras galegas.

Ao día seguinte, para celebrar o Día Internacional dos Museos, desenvolveranse un taller de elaboración de pirámides de coco e chocolate e outro no que os rapaces farán cadros empregando a técnica do gravado, segundo explica a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco.

Todas as actividades comenzarán ás doce do mediodía. Para participar, será preciso inscribirse previamente a través do email [email protected] antes das 16.00 horas do día anterior aos talleres. Recoméndase portar friameira para levar a casa o cociñado.

O Ganapán conmemora a fin de semana o Día das Letras Galegas e o...
Comentarios