O Ganapán ofrece talleres para os máis pequenos durante a Semana Santa

As actividades, creativas e gastronómicas, desenvolveranse desde este sábado en dúas sesións diarias no mercado de abastos

Un dos obradoiros do Ganapán celebrado o pasado mes de xaneiro. JAVIER CERVERA-MERCADILLO (ADP)
photo_camera Un dos obradoiros do Ganapán celebrado o pasado mes de xaneiro. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O programa de lecer infantil O Ganapán, impulsado nas instalacións do mercado de abastos de Pontevedra pola Concellería de Promoción Económica e Turismo, desenvolverá talleres creativos e gastronómicos durante toda a Semana Santa. As actividades están dirixidas a nenos de entre 4 e 10 anos e desenvolveranse entre o 27 de marzo e o 5 de abril en dúas sesións diarias. Unha comezará ás 11.00 horas e a outra, ás 12.30.

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, lembrou este mércores que os rapaces interesados en participar deben inscribirse previamente a través do correo electrónico [email protected]. Poden facelo ata as 20.00 horas do día anterior ao comezo das actividades, e teñen que precisar o nome e apelido, a idade, un teléfono, o día e a hora nos que queren apuntarse e se é para o Espazo Crea ou o Espazo Gastro.

"Os obradoiros serán de grupos reducidos, teremos lista de agarda e, ao igual que nos anteriores, no caso de que alguén se dea de baixa, chamaremos o seguinte rapaz", apuntou a edil socialista.

Os interesados en participar deben inscribirse previamente a través dun correo electrónico

Na xornada do sábado 27 haberá uns talleres de elaboración de flores con materiais de refugallo e flores comestibles, mentres que o domingo 28 celebrarase unha actividade titulada A ra traga bólas e elaboraranse flores con sabor a mazá.

Xa o martes 30 tocaralle ao obradoiro Ponlle o rabo ao coello e prepararase unha receita de Semana Santa, mentres que o mércores 31 elaboraranse figuras de Pascua e cociñarase unha torta de cenoria. O xoves 1 de abril faranse vidreiras e batidos coloridos e o venres 2 haberá un taller que consistirá en facer manualidades con pinzas e outro titulado Niños de cores.

Na seguinte fin de semana, o sábado 3 de abril realizarase un taller sobre cabaliños do demo e outro no que se prepararán gofres de plátano, mentres que o domingo 4 realizaranse xirasois con material de refugallo e piruletas de marmelada. O Ganapán pechará a programación de Semana Santa o luns 5 de abril, cando os máis pequenos poderán realizar diademas de coello e filloas de pataca.

Programa O Ganapan